Bos días, boas tardes, boas noites!
Somos Lucía, Bea e Marta, as PCR 2016 que vimos de chegar a Guatemala.
O sábado pasado 3 de setembro, os nosos compañeiros Lara e Adrián, técnicos en terreo de ASF, recibíronnos no aeroporto para dar inicio á unha nova aventura neste país. Tras encher o “carro” con toda a equipaxe puxemos rumbo a Antigua Guatemala. Aquí estamos a pasar o primeiro día de turismo collendo forzas de cara a nosa apertada axenda destes próximos dous meses.
A partir do luns daremos comezo a todas as actividades que temos previstas como o apoio á realización dos proxectos de vivenda e educación, un proceso de deseño participativo co alumnado, a busca de información e material para a nosa Escola de Arquitectura, entrega dos exemplares da publicación “Cidadanía Invisible”aos protagonistas, difusión do documental “El derecho a un techito” e o acompañamento á filmación dun novo documental, entre moitas outras.
Como xa sabedes todo isto irémolo relatando cada semana na nosa blogue, así como as nosas experiencias e aprendizaxes.
Ata a próxima!
Deixar unha resposta