Este mes de setembro concluíu o proxecto “Te Chwinqlal" (para a vida) financiado polo Concello de Santiago, que contribuiu xunto a outros proxectos anteriores a mellorar o acceso a auga potable e a gobernanza con enfoque de xénero para 267 familias indíxenas Mam de Champerico, Retalhuleu en Guatemala, e tamén á instalación de paneis solares do sistema de abastecemento de auga na comunidade.
Como parte do fortalecemento comunitario, promoveuse o intercambio de experiencias entre os comités de auga das comunidades Mam Cajolá, Victorias 3 e A Bendición co comité de auga de Nova Castalia, en San Marcos. Durante este encontro, compartíronse aprendizaxes e estratexias de xestión hídrica comunitaria e a loita diaria polo dereito á auga, e visitouse o proxecto “HidroMaya”, unha hidroeléctrica comunitaria xestionada baixo un modelo de soberanía enerxética.
Realizouse tamén un taller de fortalecemento institucional de xénero desde a cosmovisión maia a 40 mulleres da comunidade, facilitado por un equipo consultor maia mam especializado en educación popular e cosmovisión maia. As mulleres do comité de auga e doutras estruturas comunitarias reflexionaron sobre o seu liderado e participación nos espazos de decisión, recoñecendo as súas resistencias e procesos de sanación como lideresas e defensoras da auga. A través de dinámicas participativas, traballo corporal e exercicios grupais, recuperouse o valor da auga como ben común desde o coidado, o corpo e a comunidade.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Enviar unha ligazón a un amigo por correo electrónico (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn









Deixa unha resposta