O proxecto Te Chwinqlal "para a vida" financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria de 2024, finalizou o pasado mes de xuño. Durante este tempo continuamos a mellorar o acceso á auga e a súa xestión con enfoque de xénero na comunidade Mam Cajolá na costa do Pácifico en Guatemala, formada por 267 familias indíxenas, a maioría sostidas por mulleres viúvas e solteiras.
Mam Cajolá conta con auga potable grazas á instalación do sistema completo de auga, cofinanciado pola Generalitat Valenciana, o Concello de Santiago, AECID e a Xunta de Galicia. Con este proxecto, terminouse de construír a rede de distribución que leva a auga desde o tanque ata cada lote, levantouse a caseta técnica co sistema de cloración automático e fíxose mantemento ao tanque elevado. Ademais, as propias familias participaron nas obras, carrexando materiais e abrindo gabias no terreo.
A finais de 2025, a organización Agua del Pueblo formou ao comité de auga da comunidade para que soubese administrar, operar e darlle mantemento ao sistema de auga e en 2026 volveu apoiar ao comité, xunto con ASIAPRODI e ASF, para repasar dúbidas e entregarlles un manual de mantemento e un plan de sustentabilidade, como guías prácticas para o coidado do sistema a futuro.
ASIAPRODI apoiou tamén ao Consejo de Autoridades Comunitarias del Sur (CACS), acompañando na renovación da súa xunta directiva e nas súas reunións. Un equipo consultor contratado deu tres obradoiros sobre o dereita á auga, o coidado dos recursos hídricos e como facer incidencia, e ademais recolleu de xeito participativo co CACS contido para elaborar o seu propio plan estratéxico no que se inclúe a auga e o saneamento como prioridade alén doutras liñas de incidencia.
Por último, en xuño realizouse un foro intercomunitario sobre "problemas e solucións comunitarias na administración dos sistemas de auga potable", onde distintas comunidades compartiron as dificultades que enfrontan ao administrar a súa auga e as solucións que atoparon, fortalecendo así o intercambio de experiencias e coñecemento entre comités. Os equipos de ASIAPRODI e ASF recibiron tamén unha formación de dous días sobre xénero para aprender a identificar e reducir as brechas de desigualdade nos proxectos e no acompañamento comunitario, proceso que serviu para mostrar que aínda que hai unha boa base para seguir avanzando, necesítase seguir afondando en como aplicar ese enfoque no traballo diario. Deste proceso saíu unha folla de roteiro para os próximos 18 meses con recomendacións prácticas e realistas.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Enviar unha ligazón a un amigo por correo electrónico (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn









Deixa unha resposta