Este mes de marzo concluímos o Seminario Intercentros, un espazo de formación que reuniu ao profesorado de 11 centros educativos galegos vencellados ao proxecto Dereito ao Hábitat Rural, para reflexionar sobre o hábitat dende unha perspectiva rural e ecosocial. Ao longo de 20 horas de traballo que foron acollidas polo IES Plurilingüe de Ames compartíronse experiencias situadas e ferramentas para vincular o currículo educativo coas realidades do noso territorio.
Durante as xornadas, o profesorado participou activamente na actualización da Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat, incorporando conceptos como a "ruralidade" e a organización comunitaria para fuxir do modelo urbanocéntrico hexemónico. Así mesmo, presentáronse proxectos inspiradores que xa se desenvolveran nalgúns dos centros participantes mediante o formato Pechakucha, que van desde a bioconstrución en Portomarín ata a renaturalización de espazos en Ames.
Toda esta bagaxe colectiva quedou recollida nunha cartografía dixital de boas prácticas a través da aplicación Mapeo Colaborativo de ASF, visibilizando o papel da escola coma axente transformador do medio.
Agradecemos o compromiso de todas as docentes e do centro anfitrión, por tecer esta rede de saberes en defensa dun hábitat rural sostible e digno.
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Enviar unha ligazón a un amigo por correo electrónico (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn



Deixa unha resposta