Os pasados 1 e 2 de novembro celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a V Edición de Playgrounds. Como final a Argallar, una exposición para xogar coa arquitectura, a asociación Ludantia coa colaboración de Proxecto Terra e a Fundación Cidade da Cultura organizo o V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, dirixido a docentes, estudantes e profesionais da educación.
Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos. Deste xeito, o encontro compleméntouse con obradoiros ao redor destas temáticas:
- Arte, espazo público e participación
- Transformación de espazos
- Xoguetes e dispositivos lúdicos
- Arquitectura na educación
Arquitectura sen Fronteiras participou na sua organización a través de Proxecto Terra. E varias persoas voluntarias achegáronse ás charlas e obradoiros. Habitando non podía perder a oportunidade, e aproveitamos para charlar con persoas da organización (Miguel Díaz), poñentes (Clara Megías e Leticia Flores, e o equipo Mico), e participantes (Lidia, mestra na Escola pública.
Ligazóns de interese:
- Con más fuerza que nunca. ¡Basta ya!, comunicado da Coordinadora ONGD-España
- La guerra contra las mujeres de Rita Laura Segato, Editorial Traficantes de Sueños
- Protocolo contra as violências machistas nos movimentos sociais
- Podcast ESF Radio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Ep.32 Playgrounds en Compostela: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- The Natural, The Black Penguins, álbum Take 5
- Canción protesta contra as violencias machistas frente ao Pazo de Xustiza de Santiago de Chile, compartido por Manuela Tironi en Twitter
Subscrición
Feed | iTunes | iVoox | Spotify
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixar unha resposta