Dentro do proxecto Barrio Agra de coidados, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, e coa colaboración de Amigas da Terra, celebraremos co alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán a semana da biodiversidade. A mocidade do barrio quere contribuir a chamar a atención sobre a necesidade urxente no barrio de zonas verdes:
Este alumando traballou o pasado curso, xunto con outros actores educativos e sociais do barrio, na elaboración dunha diagnose sobre o seu barrio identificando todo aquelo que queren poñer en valor, que lles aporta benestar e pertenza, así como aspectos críticos e necesidades a ser atendidas.
Tanto a mocidade, como todos os actores participantes, destacaron a urxente necesidade de xenerar zonas verdes no barrio. Vital é o desenvolvemento do agardado e prometido Parque da Agra ,e tamén outras intervencións mais pequenas que aporten á saúde, beleza, e benestar das persoas. Máis aínda tras perder espazos como as Hortas do Agra e todo o entorno natural de Visma co proceso de urbanización iniciado.
Habitamos o barrio mais densamente poboado da cidade. Con veciñanza moi envellecida e infancia que apenas saen do mesmo, sen posibilidade de ver o horizonte ou de desfrutar dunha zona verde e saudable digna.
Sumámos con este acto simbólico enerxía e recoñecemento ao t¶raballo que ven realizando durante anos, para avanzar no dereito a un hábitat digno, a veciñanza do barrio e colectivos como a Asoc. Veciñal Agra, a gran comunidade que deu vida e sostén as Hortas da Agra, e outras.
Grazas e seguimos para contribuir a facer AGRA: UN BARRIO DE COIDADOS
Compartir:
- Imprimir (Se abre en una ventana nueva) Imprimir
- Fai clic para enviar unha ligazón por correo electrónico a un amigo (Se abre en una ventana nueva) Correo-e
- Fai clic para compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en Linkedin (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn


Deixa unha resposta