Hai un ano comezamos o proceso de deseño e dunha aplicación cartográfica para dispor dun recurso propio que empregar no desenvolvemento das nosas accións. No labor educativo que realizamos nos centros escolares sobre o Dereito ao Hábitat o uso das aplicacións cartográficas está presente de forma continuada e precisabamos un instrumento que nos axudase a sistematizar xeográficamente as nosas experiencias e aprendizaxes.
Destas necesidades xorde Mapeo Colaborativo, unha ferramenta gratuíta e de uso libre, desenvolvida por Arquitectura Sen Fronteiras con financiamento da Xunta de Galicia e a Cooperación Galega, coa que xerar cartografías de modo colaborativo sobre calquera temática que resulte de interese.
Para iso utilízase como base os planos de OpenStreetMaps, Stadia Maps e OpenMapTiles sobre os que debuxar roteiros, sinalar áreas ou puntos de interese, engadir fotografias, anotacións e lendas para uso privado ou público.
Mapeo Colaborativo tamén é un repositorio de mapas compartidos de forma pública con licenza Creative Commons.
A aplicación está dispoñible para todas as persoas que queiran empregala, unicamente tendo que rexistrarse no seguinte formulario.
Proximamente compartiremos videotitoriais sobre como usar Mapeo Colaborativo na nosa canle de youtube.
Comparte o teu mapa coa comunidade!
Deixar unha resposta