Aviso: entrada editada unha vez finalizado o programa
O material que aquí se presenta fórxouseno marco do Programa educativo Participar para Coidar que ASF Galicia desenvolveu no marco temporal 2020-2023 nunha estrutura de catro fases ou cursos escolares.
Trátouse dunha proposta de educación para a participación que tomou como eixo central formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat, desde un enfoque ecofeminista, ecosocial e de Dereitos Humanos.
O programa constou de diversas actividades dirixidas a diferentes públicos e resultados. Entre elas, a ideación, posta en práctica e sistematización das actividades educativas que conforman esta proposta didáctica. Este traballo resultou da experiencia práctica realizada con cen alumnos e alumnas de ESO dun instituto da cidade da Coruña.
Deste xeito, a proposta temática e organizativa non é ríxida, senón que pretende ser unha base a través da que traballar os obxectivos xerais das catro fases do programa.
As catro fases constitúen unha proposta de itinerario que segue unha lóxica interna de análise progresiva da realidade complexa. As fases propostas non son compartimentos estancos e seguen un fío argumental. Sen embargo, é posible utilizalas de forma independente, xa que cada unha ten os seus propios obxectivos desenvolvidos detalladamente en cadanseu apartado. Mesmo é posible tamén tomar actividades soltas e realizar unha combinación segundo os intereses, tempos ou necesidades a abordar do equipo docente interesado.
O programa ten una estrutura en catro fases.
Fase 1. Habitando a propia pel. Hábitat e emocións, coidado das persoas, autocoidado.
Fase 2. Pel con pel. Hábitat e relacións, Coidado das relacións, da comunidade.
Fase 3. A pel do mundo. O estado do noso hábitat. Coidado da contorna: “o común”.
Fase 4. Mudando a pel. A transformación do hábitat. Coidar para transformar. Participación e acción colectiva.
O material está dispoñible tamén na web de Recursos Educativos ASF.
Deixa unha resposta