Presentación do material educativo Participar para Coidar

 

O material que aquí se presenta fórxase no marco do Programa educativo Participar para Coidar que ASF Galicia está a desenvolver no marco temporal 2020-2023 nunha estrutura de catro fases ou cursos escolares.

Trátase dunha proposta de educación para a participación que toma como eixo central formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat, desde un enfoque ecofeminista, ecosocial e de Dereitos Humanos.

O programa consta de diversas actividades dirixidas a diferentes públicos e resultados. Entre elas, a ideación, posta en práctica e sistematización das actividades educativas que conforman esta proposta didáctica. Este traballo resulta da experiencia práctica realizada con cen alumnos e alumnas de ESO dun instituto da cidade da Coruña. Preséntanse agora as fases 1 e 2, desenvolvidas
durante os anos 2020 e 2021, quedando pendentes as fases 3 e 4 e a súa publicación prevista para o ano 2023.

Deste xeito, a proposta temática e organizativa non é ríxida, senón que pretende ser unha base a través da que traballar os obxectivos xerais das catro fases do programa.

As catro fases constitúen unha proposta de itinerario que segue unha lóxica interna de análise progresiva da realidade complexa. As fases propostas non son compartimentos estancos e seguen un fío argumental. Sen embargo, é posible utilizalas de forma independente, xa que cada unha ten os seus propios obxectivos desenvolvidos detalladamente en cadanseu apartado. Mesmo é
posible tamén tomar actividades soltas e realizar unha combinación segundo os intereses, tempos ou necesidades a abordar do equipo docente interesado.

O programa ten una estrutura en catro fases.

Presentación.

Fase 1. Habitando a propia pel. Hábitat e emocións, coidado das persoas, autocoidado.

Material gráfico asociado.

Fase 2. Pel con pel. Hábitat e relacións, Coidado das relacións, da comunidade.

Material gráfico asociado.

Fase 3. A pel do mundo. O estado do noso hábitat. Coidado da contorna: “o común”

Fase 4. Mudando a pel. A transformación do hábitat. Coidar para transformar. Participación e acción colectiva.

O material está dispoñible tamén na web de Recursos Educativos ASF.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.