Hoxe queremos presentarvos os contidos da primeira sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana. Terá lugar o próximo mércores 20 de outubro ás 18:30h CEST de forma virtual a través da seguinte ligazón. A sesión estruturarase a través de dúas intervencións.
Primeiro escoitaremos a Pablo Meira na súa conferencia Educar para +1,5 ºC entre a solastalxia e a esperanza. El é profesor de Educación Ambiental na USC, forma parte do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental desta universidade e é director de Resclima.
Despois contaremos con Miguel Pardellas, educador ambiental e membro do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC e Ángela Fraga María, educadora social, pedagoga e artivista. Ambos son integrante da Cooperativa Galega Feitoría Verde e veñen a conversar con nós seguindo o fío Do Des-Equilibrio aos soños compartidos. Creación de narrativas de futuro sustentables.
Crearemos un espazo de reflexión e preguntas para que todas as personas participantes teñan a oportunidade de intervir.
Agardámosvos!
Deixar unha resposta