Hai unhas semanas a entidade Arquiticos realizou dúas sesións dun obradoiro participativo co alumnado da escola da Comunidade indíxena de Victorias III en Retalhuleu (Guatemala). Arquiticos tiña como obxectivo consultar ás 102 nenas e nenos que forman parte da Comunidade como querían que fose o seu futuro patio.
Xunto a Arquitectura Sen Fronteiras organizaron un conxunto de actividades para promover a participación do alumnado na creación da nova zona de xogos. Algunhas das accións impulsadas foron estas:
- Espectáculo de teatro e monicreques “Cos meus amigos constrúo o meu patio escolar”, para transmitir a importancia de propoñer ideas para o espazo de lecer
- Actividades lúdico-participativas para compartir ideas sobre xogos, a relación coa natureza e outros intereses que eles e elas expuxeron
- Creación de deseños de espazos de xogo a través de debuxos ou escritos
- Construción de maquetas de xogo con materiais de reciclaxe
Todas as accións que se fixeron mesturaron o humor, o xogo, o teatro e a expresión corporal para que os obradoiros fosen activos e divertidos para o grupo. Atopámonos agora na fase de análise dos resultados obtidos.
Aquí podedes ver a obra de teatro de monicreques, que foi todo un éxito:
Deixar unha resposta