Procesos de Investigación – Acción Participativa no barrio Agra do Orzán

Enmarcado no proxecto Agra Barrio de Coidados, liderado por ASF en alianza coa Universidade da Coruña e financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, o 18 de maio o alumnado do Mestrado de políticas públicas e intervención comunitaria (MOPS) devolveu á comunidade participante os resultados dos traballos de investigación - acción participativa que desenvolveron nos meses previos. Estes traballos se realizaron no marco da materia Investigación Acción Participativa, baixo a responsabilidade de Laura Cruz, co apoio de ASF e de catro entidades do barrio especializadas na atención e defensa de dereitos das persoas migrantes: Caguama, Sos Racismo, Ecos do Sur e Médicos do Mundo.

Ao longo de tres meses, cada grupo desenvolveu a súa IAP en colaboración coas entidades e veciñanza do barrio. Traballaron arredor dos seguintes temas que poden consultarse na web do proxecto:

 O 11 de maio realizouse unha sesión de posta en común na que cada grupo presentou os resultados do diagnóstico.

A partir da análise conxunta, planificouse a devolución ás entidades e persoas participantes.

Galería de fotos



Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.