Proxección do documental ‘El Derecho a un Techito’ en Vigo

'El Derecho a un Techito' no COAG de VigoQuenda para Vigo, e pronto o documental ‘El Derecho a un Techito’ chegará a máis cidades, estade atentas e atentos. Proxectarase o vindeiro xoves 26 de maio ás 20:00 horas na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo, rúa Doctor Cadaval 5, 36201 Vigo.

Realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), relata a labor que dende hai 18 anos estamos a realizar en Guatemala na defensa do dereito universal a unha vivenda digna da man dos compañeiros e compañeiras das entidades socias locais ASIAPRODI e a FODHAP.

Tras a proxección, de 25 minutos, terá lugar un coloquio cos membros de ASF implicados no desenvolvemento do documental. De ser posible, tamén participarán a través de videoconferencia os socios de ASF desde Guatemala.

Sinopse:

En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e énchalles de forzas para esixir os seus dereitos.

En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas.

Trailer: https://youtu.be/2TftDAw6GK0

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.