Proxecto Terra e Ludantia con Xosé Manuel Rosales – Habitando Ep.13

Xosé Manuel RosalesAcabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que se celebrará en Pontevedra en 2018 e para a que xa está aberta a inscrición.

Únenos unha chegada relación, compartimos obxectivos. Colaboramos na actualidade con Proxecto Terra, e participaremos na bienal. Animámosvos a que coñezades a súa traxectoria, todo o traballo que dende hai 18 anos desenvolve en centros de educación de primaria e secundaria de toda Galicia, e por suposto, a que participedes en Ludantia.

Ligazóns de interese:

Proxecto Terra

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[@]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

« Previous Post

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.