Publicación “Un IES de Moito Coidado”

Desde ASF desenvolvimos un proceso de indagación, con diversos axentes que forman parte de comunidades educativas en Galicia, tendo como foco as seguinte a pregunta:

Como facer uns hábitats educativos que proporcionen vidas boas a todo o mundo, experiencias que mereza a pena ser vividas?

Este material é froito da observación, da escoita, da facilitación de espazos de encontro para explorar desde diversidade de voces, miradas e vivencias arredor deste interrogante, que é meta e é camiño. 

O proceso levounos a pensar en qué preguntas, a modo de guías, nos temos que facer hoxe para avanzar nese camiño. Identificar que prácticas, que experiencias, que actitudes están axudando a percorrelo. Este é un documento para acompañarnos nese proceso, dese inmenso e apaixoante camiño de educarnos e coidarnos. 

Descargar Un IES de Moito Coidado (Pdf 1MB)

Hainas. Hai persoas atendendo, coidando,
conscientes e en moita soidade. Hai que velas,
recoñecelas e coidalas.
Aprendemos moito. Para comezar, que
buscabamos un faro: construír, aínda que sexa
como visión, un IES modélico en canto a coidados.
Pero quizais esa visión sexa inabarcable dende o
tempo que nos tocou vivir. E atopamos faroliños:
persoas, prácticas, desexos, cuestións que están
transformando e que son abarcables.
Con eles faremos unha grilanda. Unha grilanda
necesaria, bonita e útil, sempre en construción, con
posibilidade de cambiar e engadir faroliños. Con
capacidade para aportar luz, para ser exible e
adaptarse a camiños que aínda están por debuxar
e percorrer.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.