Posto de traballo
Persoal expatriado novel de ASF-Galicia en Guatemala para os proxectos de “Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación mais vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.”
Descrición do traballo
Sen prexuízo doutras outras funcións que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo da organización, as principais responsabilidades do posto serán:
- Xestión administrativa e coordinación técnica e económica dos proxectos
- Coordinación das actividades específicas dos proxectos
- Seguimento da execución das obras e control económico
- Formulación e identificación de proxectos
- Apoio nas labores de comunicación do grupo e representación institucional ante os medios
- Representación de ASF ante redes asociativas vinculadas a Cooperación Internacional en terreo
Perfil/Requisitos
- Enxeñeiro/a, arquitecto/a, aparellador/a ou calquera perfil técnico con experiencia en construción
- Experiencia en seguimento e xustificación técnica e financeira de proxectos de cooperación ao desenvolvemento
- Formación e coñecemento das ferramentas do Marco Lóxico así como do Ciclo e Xestión de proxectos de Cooperación
- Formación e coñecementos na xestión orientada a resultados
- Experiencia en proxectos relacionados co hábitat
- Experiencia en dirección e xestión de obras
- Experiencia en xestión de grupo de persoas voluntarias e contratadas
- Capacidade de xestión e planificación
- Capacidade de análise e iniciativa
- Facilidade de traballo en equipo e con grupos interculturais
- Manexo de ferramentas informáticas: ofimática (follas de cálculo), programas de deseño gráfico e CAD
- Capacidade de adaptación
- Carné de conducir
Proceso de selección
Os criterios de selección evaluados foron os seguintes:
Experiencia Profesional:
- EP1 (10 pts): Xestión de proxecto de cooperación: formulación, execución e xustificación
- EP2 (12 pts): Traballo en terreo, valorarase de forma especial aquel que este vinculado a proxectos de hábitat
- EP3 (10 pts): Dirección de obras
Formación e competencias:
- FC1 (8 pts): Formulación de proxectos, manexo do marco lóxico e xestión orientada a resultados
- FC2 (6 pts): Hábitat (tecnoloxias apropiadas, procesos participativos...)
- FC3 (2 pts): Ferramentas informáticas: ofimática (follas de cálculo), programas de deseño gráfico, CAD
- FC4 (1 pto): Idioma galego
- FC5 (1 pto): Carne conducir
Experiencia en ASF y ASF Galicia:
- ASF (20 pts): Voluntario/a activo de ASF-Galicia con experiencia no grupo de internacional
Entrevista:
- E (30 pts): as persoas entrevistadas foron escollidas para ela en función da puntuación obtida no resto de apartados (5 persoas) e outros factores - expostos na carta de presentación e curriculum - que a consideración do comité de valoración eran relevantes para o posto pero non quedaban reflectidos nos criterios evaluados (2 persoas)
Puntuación acadada por cada unha das candidaturas (pdf).
Moitas gracias a todas e todos.
Deixa unha resposta