Segunda sesión da VII edición do Seminario Hábitat a Escala Humana

Hoxe queremos presentarvos os contidos da segunda sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana. Terá lugar o próximo mércores 27 de outubro ás 18:30h CEST de forma virtual a través da seguinte ligazón na plataforma zoom e en directo na nosa canle de youtube.

A sesión estruturarase a través de dúas intervencións.

Primeiro escoitaremos a Marta Pascual na súa conferencia La confluencia entre las necesidades humanas y de la Tierra. Ela é licenciada en Ciencias da Educación, profesora de Intervención Sociocomunitaria e activista en Ecologistas en Acción coordinando a área de Educación e Participación e participando na de Ecofeminismos.

Despois contaremos con Miriam Leirós, mestra de primaria, educadora e intérprete ambiental. Tamén coordina o colectivo de Teachers for Future Spain e conversará con nós sobre Educación ecosocial: educar involucrando.

Ao finalizar abriremos un espazo de reflexión e preguntas para que todas as personas participantes teñan a oportunidade de intervir e preguntar. Agradecemos moito a participación.

Con esta sesión pecharemos esta edición do seminario, pero quedarán á vosa disposición as dúas sesións na nosa canle de youtube.

Agardámosvos!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.