As comunidades Mam Cajolá e A Bendición, no municipio de Champerico (Retalhuleu), continúan a avanzar na mellora das súas condicións de vida a través do proxecto de “Mellora do estado nutricional de poboación en risco de inseguridade alimentaria das comunidades desprazadas Mam Cajolá e A Bendición” que ASF impulsa xunto a PROYDE, ASIAPRODI e PRODESSA,…
16 novos módulos de limpeza, hixiene e saneamento na Comunidade Mam Cajolá
Para pechar o ano 2025, ASF Galicia e ASIAPRODI puxemos en marcha 16 módulos de limpeza, hixiene e saneamento na Comunidade Mam Cajolá, no municipio de Champerico (Guatemala), dando por finalizado o proxecto de mellora do saneamento e a hixiene financiado pola Deputación da Coruña. Este proxecto dá continuidade á liña de traballo en hábitat…
Peche do proxecto “Te Chwinqlal”, fortalecendo as capacidades locais para a gobernanza da auga
Este mes de setembro concluíu o proxecto “Te Chwinqlal” (para a vida) financiado polo Concello de Santiago, que contribuiu xunto a outros proxectos anteriores a mellorar o acceso a auga potable e a gobernanza con enfoque de xénero para 267 familias indíxenas Mam de Champerico, Retalhuleu en Guatemala, e tamén á instalación de paneis solares…
A comunidade Mam Cajolá inaugura a súa rede de auga potable
O pasado 23 de maio celebrouse a posta en funcionamento da nova rede de abastecemento de auga potable, que achega auga corrente directamente ás casas de 267 familias da comunidade Mam Cajolá en Champerico, Retalhuleu (Guatemala). O proxecto combina innovación tecnolóxica e enfoque participativo. Foi posible grazas ao apoio económico da Generalitat Valenciana, a Xunta…
Fortalecendo a comunidade: capacitación para un uso eficiente da rede comunitaria de abastecemento de auga
Recentemente a nosa contraparte en Guatemala ASIAPRODI, co financiamiento da Cooperación Galega e a Generalitat Valenciana, impartiu unha formación especialmente deseñada para o Comité de Auga da Comunidade Mam Cajolá na que estamos a traballar. O Comité da auga é o organismo responsable de garantir o mantemento e o bo uso da rede de abastecemento…
Iniciada a escavación para a rede de abastecemento da Comunidade Mam Cajolá en Guatemala
Tras abrir o pozo e construír o depósito, só falta a rede de distribución para finalizar a instalación do abastecemento de auga que dará servizo á Comunidade Mam Cajolá. As obras, financiadas pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, a Generalitat Valenciana e o Concello de Santiago e que supoñen 14,5 Km de escavación, contan…
Inaugurados 30 módulos de limpeza, hixiene e saneamento na Comunidade Mam Cajolá en Guatemala
No trimestre pasado ASF e ASIAPRODI inauguramos 30 módulos de limpeza, hixiene e saneamento no marco do Proxecto Te Chwinqlal (Para a vida) na Comunidade Mam Cajolá no municipio de Champerico en Guatemala, co financiados pola Xunta de Galicia, Generalitat Valenciana e Deputación da Coruña.
Foro da Mocidade na comunidade Mam Cajolá
O 16 de outubro tivo lugar un Foro da Mocidade na comunidade Mam Cajolá, Guatemala, que reuniu a 19 mozos e mozas para reflexionar sobre os desafíos que enfrontan. A xornada comezou con dinámicas lúdicas que fortaleceron a unión entre participantes e continuou cunha presentación sobre o dereito para sentirse seguros e seguras ou o…
Novos sanitarios ecolóxicos na Comunidade Mam Cajolá – Guatemala
O pasado trimestre tivemos unha formación con moitas das familias que conforman a Comunidade Mam Cajolá en Champerico (Guatemala) no marco do Proxecto de investimento para a mellora do saneamento e hixiene que estamos a desenvolver co financiamento da Deputación da Coruña.
Inauguradas sete vivendas modelo na Comunidade Man Cajolá en Guatemala
O pasado 5 de abril inauguramos sete vivendas modelo na Comunidade Man Cajolá no municipio de Champerico en Guatemala.









