O martes 29 de abril, o Centro Cultural de España en Ciudad de Guatemala acolleu a presentación do documental Soñarlo en Grande, unha produción que narra a experiencia do Centro de Recursos para a Educación Inclusiva (CREI) do municipio de Champerico no departamento de Retalhuléu. Este centro foi construído en 2022 co apoio financeiro da…
Gravación dun novo documental en Champerico, Guatemala
A semana pasada continuou a gravación dun novo audiovisual no sur do país, retratando as diferentes historias da poboación de varias comunidades asentadas no Municipio de Champerico, e visibilizando a realidade actual da zona incluíndo a loita polo territorio, a defensa dos dereitos das mulleres e o acceso á auga en boas condicións. Durante dous…
Estrea do documental “Soñarlo en Grande”
O próximo venres 9 de febreiro as 11:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación de Universidade da Coruña, estrearase o documental Soñarlo en Grande, realizado por Agareso sobre un proxecto de educación inclusiva desenvolvido por Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala. A estrea, organizada pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC, contará coa presenza…
Un documental para concienciar e difundir
A mediados de agosto viaxamos ata Champerico (Guatemala) xunto a un equipo da ONG Agareso para rodar un documental sobre o programa Noj. Desde 2009 traballamos nun proxecto que ten un obxectivo ambicioso: mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero en 10 comunidades indíxenas. Desde que comezamos, avanzamos moito, exemplo diso é a…
Os nosos documentais máis accesibles
Grazas ao traballo de Chloé Souchard xa contamos con subtítulos en español, francés e inglés dos nosos documentais. Para visualizalos escoller o idioma desexado na configuración do vídeo (icona dunha roda dentada): Construción con adobe sismoresistente El derecho a un techito La escuelita del Manchón Pedra papel Chloé Souchard é unha estudante francesa de Tradución…
Tráiler ‘La escuelita del Manchón’
El Manchón, unha pequena comunidade en Guatemala, non ten escola. Pero Stefany con só dez anos ten claro un soño: quere construír para o seu pobo unha escola branca, con xanelas grandes por onde pase o vento. Un soño que se fará realidade grazas ao traballo desa comunidade e o apoio de Arquitectura Sen Fronteiras, que…
Estrea en Galicia do documental ‘A Escuelita do Manchón’
Lara Medín de ASF Galicia e Antonio Grunfeld de AGARESO durante o coloquio posterior á proxección O pasado 11 de abril na sala Numax de Santiago de Compostela estreamos o documental “La Escuelita del Manchón”. Trátase da primera proxección en Galicia dun novo audiovisual, tras ‘El derecho a un techito‘, gravado por AGARESO co financiamento…
ASF Galicia nas Xornadas de Bioconstrucción da Universidade da Coruña
O pasado 28 de febreiro ASF-Galicia proxectou o documental Adobe sismorresistente dentro das Xornadas de Bioconstrucción organizadas pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. O documental gravouno ASF-Galicia en Guatemala durante a construción da Casa Materna Ri Kichoch Ri ki Alanik, un lugar de atención do Consello de Comadronas Tradicionais do municipio de Chinique…
ASF exemplo de Escolas Seguras según Save The Children
Hai uns meses comentabamos a visita que nos fixo a Guatemala Save The Children. Interesábanlles a escola de Mª del Mar e o instituto de El Rosario que se atopaban en plena construción, por exemplificar a construción de escolas seguras. O resultado, desa e outras visitas ao redor do mundo, xa está dispoñible. Unha páxina…
Traballo, despedidas… e mais traballo
Bos días, boas tardes e boas noites. Como xa vos adiantamos na última entrada, voltamos á nosa casiña en Retalhuleu onde pasaremos as últimas semanas desta experiencia PCR. Foi unha semana de preparativos de todo o que está por vir: a presentación dos proxectos, o inicio das obras e o proceso de deseño do espazo…