Este mes de marzo concluímos o Seminario Intercentros, un espazo de formación que reuniu ao profesorado de 11 centros educativos galegos vencellados ao proxecto Dereito ao Hábitat Rural, para reflexionar sobre o hábitat dende unha perspectiva rural e ecosocial. Ao longo de 20 horas de traballo que foron acollidas polo IES Plurilingüe de Ames compartíronse…
Comeza o testeo da Unidade Didáctica actualizada
No proxecto Dereito ao Hábitat Rural estaba prevista a revisión e actualización da Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat, elaborada por Hábitat Social e publicada por ASF no 2014. Era preciso incorporar a esta unidade didáctica a app Mapeo Colaborativo para o traballo de campo, así coma renovala tendo en conta o marco da Axenda 2030….
A unidade didáctica Dereito ao Hábitat – Habitando Ep.17
A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborouse no ano 2013 a iniciativa do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Dende entón púxose en práctica nunha morea de centros educativos.Naquel momento o grupo xa estaba a traballar nestes centros con diversos materiais a propósito dos Obxectivos do Milenio. Xurdiu a necesidade de poñer todos estes…
Vídeo Titorial Crowdmap para a unidade didáctica Dereito ao Hábitat
Unha das actividades propostas na unidade didáctica Dereito ao Hábitat que soemos incluir nas visitas aos centros educativos apuntados ao Plan Proxecta, é a xeolocalización das imaxes que tomasen os rapaces e rapazas. Para elo propoñemos a utilización de Crowdmap, unha utilidade web gratuita e colaborativa na que cada instituto ou colexio pode crear todos…
Iniciando o ‘Plan Proxecta’
Tras varias colaboracións puntuais en proxectos de educación anteriores, o Proxecto Terra propúxonos presentar conxuntamente un programa para o Plan Proxecta deste curso 2015/2016 da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A iniciativa ten por obxectivo fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan…




