Como estivemos a informar nestas pasadas semanas, o 17 de outubro celebramos a 1ª Sesión da quinta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana, e o 21 de novembro a segunda. Ambas na Facultade de Ciencias da Educación da UDC e baixo o lema A vida no centro… Tamén na educación. Moitas grazas ás persoas relatoras e…
ASF Galicia nas Xornadas de Bioconstrucción da Universidade da Coruña
O pasado 28 de febreiro ASF-Galicia proxectou o documental Adobe sismorresistente dentro das Xornadas de Bioconstrucción organizadas pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. O documental gravouno ASF-Galicia en Guatemala durante a construción da Casa Materna Ri Kichoch Ri ki Alanik, un lugar de atención do Consello de Comadronas Tradicionais do municipio de Chinique…
Do labirinto ao refuxio
Hoxe queríamos amosarvos o vídeo que preparamos conxuntamente co alumnado de 1º da ESO do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña para a entrega de Ludantia, bienal de Arquitectura e Educación para a infancia e mocidade, que terá lugar o próximo mes de maio. Como xa vos contamos, durante o último trimestre de ano…
Vídeo Titorial Crowdmap para a unidade didáctica Dereito ao Hábitat
Unha das actividades propostas na unidade didáctica Dereito ao Hábitat que soemos incluir nas visitas aos centros educativos apuntados ao Plan Proxecta, é a xeolocalización das imaxes que tomasen os rapaces e rapazas. Para elo propoñemos a utilización de Crowdmap, unha utilidade web gratuita e colaborativa na que cada instituto ou colexio pode crear todos…
CGONGD: Video Titorial Para ONGD (II): Presentación de proxectos na Sede Electrónica da Xunta
Xa está dispoñible o segundo vídeo titorial que realizamos para a Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento sobre o procedemento de tramitación de axudas na sede electrónica da Xunta de Galicia. Al igual que o primeiro vídeo, desexamos sexa de utilidade. Sumario: Requisitos de Software Presentación da documentación Anexar Documentos Asinado electrónico e achegas en…
CGONGD: Video Titorial para ONGD (I): A sede Electrónica da Xunta de Galicia e Obtención do Certificado Electrónico
Este ano todas as ONGD que se presenten ás convocatorias da Xunta de Galicia terán que adaptarse á Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Iso significa que, a partir de agora, todos os trámites deberán facerse electronicamente (a excepción dalgunhas cuestións puntuais). Co obxectivo de axudalas a adaptarse á nova normativa, e dada a experiencia…
Mulleres Colleiteiras nos informativos da TVG
Os informativos da TVG hai pouco adicaron unha nova á Cooperativa Mulleres Colleiteiras, impulsada por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia:
IV Seminario Hábitat a Escala Humana – Habitando Ep.10
Durante o pasado mes de maio celebramos a cuarta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Tres sesións adicadas a primeira á participación dende un punto de vista máis teórico, a segunda para achegar experiencias de participación en contornas urbanas e rurais,…
Recopilación dos vídeos do IV Seminario Hábitat a Escala Humana
A continuación os vídeos das tres sesións do IV Seminario Hábitat a Escala Humana: TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M SESIÓN 1 – 13 de maio de 2016 Manuel Delgado Monserrat Galcerán Sesión 2 – 19 de mayo de 2016 Fran Quiroga Michael Janoschka SESIÓN 3 – 26 de…
Proxección do documental ‘El Derecho a un Techito’ en Lugo
Tras a súa estrea o pasado mes na Coruña, ‘El Derecho a un Techito’ chega á cidade de Lugo. Proxectarase o vindeiro xoves 28 de abril ás 20:30 horas na sede do Colexio Oficial de Arquitectos na cidade, rúa Puro Cora Xornalista, 1. Realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), relata a labor que…