Hoxe, primeiro luns de outubro, en Arquitectura Sen Fronteiras celebramos o Día Mundial do Hábitat. En 2021, as Nacións Unidas propoñen como tema acelerar a acción urbana para un mundo libre de carbono.
Queremos aproveitar esta ocasión para convidarvos á séptima edición do noso Seminario Hábitat a Escala Humana que este ano leva por título Transformar a necesidad en desexo, mobilizar para a transición ecosocial na educación.
Planeamos este seminario como un espazo de reflexión para indagar sobre os paradigmas e fendas para unha vida digna e o concepto de dereito ao hábitat en tempos de pandemia e crisis ecosocial.
Durante os próximos mércores 20 e 27 de outubro terá lugar, de forma virtual na seguinte ligazón, esta VII edición do Seminario para buscar respostas ás seguintes preguntas.
Que é hoxe unha vida digna? Como a crisis ecosocial e a pandemia están redefinindo esta idea?
Que oportunidades nos trae este momento para cuestionar a “normalidade”, abrir fendas a outros paradigmas e á diversidade no social e no educativo?
Que ética precisamos para mobilizar a transición ecosocial?
Como educar criticamente e non quedar atrapadxs na parálise, a ansiedade ou a depresión?
Como reelaborar e resituar as ideas de vulnerabilidade, interdependencia, resistencia, poder, coidados ou afectos neste intre?
Que educación precisamos para a vida neste novo paradigma?
Que experiencias amosan luz no ámbito ecosocial? Cales son as sombras que nos atopamos?
Programa
1ª SESIÓN: Mércores 20 de outubro ás 18:30h CEST
- Pablo Meira. Profesor de Educación Ambiental na USC. Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental. Director de Resclima. Educar para +1,5 ºC entre a solastalxia e a esperanza.
- Miguel Pardellas. Educador ambiental, grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental. Integrante da Cooperativa Galega Feitoría Verde.
- Ángela Fraga María. Educadora social, pedagoga e artivista. Integrante da Cooperativa Galega Feitoría Verde. Do Des-Equilibrio aos soños compartidos. Creación de narrativas de futuro sustentables
2ª SESIÓN: Mércores 27 de outubro ás 18:30h CEST
- Marta Pascual. Pedagoga, profesora de integración social e ecofeminista. Ecologistas en acción.
- Miriam Leirós. Maestra de primaria e coordinadora de Teachers for future Spain. Educación ecosocial: educar involucrando.
Deixar unha resposta