VIII Seminario HaEH
“Unha educación de moito coidado”
Nos Seminarios Hábitat a Escala Humana (HaEH) de 2018 , 2020 e 2021 abordamos a reflexión sobre a mellora dos hábitats educativos nas súas dimensións físicas, culturais, sociais e políticas. Construír colectivamente espazos, culturas e prácticas coidadoras para todas as persoas que dan vida aos centros educativos, ás súas relacións e á contorna.
Son moitas as preguntas significativas que se poden expor cando falamos do Dereito a un Hábitat digno e coidador, e moitas as e os actores involucrados nas respostas. Este contexto post pandemia, de crise ecosocial e aumento das dinámicas de exclusión require, pola súa complexidade e incerteza, dunha abordaxe colectiva e consciente para coidar e coidarnos.
Nesta liña abordamos este VIII Seminario, en liña co programa 'Participar para coidar' que desde ASF Galicia vimos desenvolvendo co cofinanciamento do DXREUE da Xunta de Galicia
Poñemos o foco nas achegas necesarias e imprescindibles da educación ecosocial, o ecofeminismo e a perspectiva inclusiva na educación como piares sobre os que construír “Unha educación de moito coidado”.
Vémonos en
MIÉRCORES 30 DE NOVEMBRO
17:00 a 19.00 horas
Lugar: Facultade Ciencias da Educación, Campus de Elviña, A Coruña
Inscrición previa para previsión de aforo: Formulario
En liña na canle de Youtube de ASF Galicia
Cartel (pdf)
Compartiremos con
YAYO HERRERO
(Intervención en streaming)
Título: Sociedade e escola en tempos de crises civilizatoria
Profesora de educación ambiental e desenvolvemento sostible da Cátedra UNESCO da UNED, investigadora e activista ecofeminista. Antropóloga, enxeñeira e educadora social. Foi coordinadora estatal de Ecoloxistas en Acción e directora xeral da Fundación FUHEM.
Resumo: Atopámonos nun estado de emerxencia planetaria. A humanidade e os ecosistemas dos que dependemos enfróntanse a unha grave e irreversible crise climática, ao declive de recursos enerxéticos fósiles e doutros minerais, a unha acelerada perda da biodiversidade e unha crecente contaminación química. Todo iso, ademais, nun contexto de lacerante explotación humana e de crecente desigualdade determinada pola clase, o xénero ou o lugar de nacemento.
É preciso preguntarse se a educación está a facer fronte á realidade na que vivimos e se prepara persoas capaces de actuar para construír un presente e futuro xusto e resiliente no que a vida poida ser vivida con dignidade.
Sobre esa educación que necesitamos é sobre o que imos reflexionar.
NACHO CALDERÓN ALMENDROS
(Intervención en streaming)
Título: Fiando loitas polo dereito á educación
Profesor de Teoría da Educación na Universidade de Málaga (España). Investiga a diversidade e os procesos de exclusión e inclusión educativa para contribuír a que a escola sirva a todas as persoas. Membro do movemento Quererla es Crearla.
https://www.ignaciocalderon.uma.es/
Resumo: Co fío dunha serie de relatos persoais e construcións colectivas que abordan a diversidade humana e o dereito á educación inclusiva, tentaremos saír das fronteiras da normalidade, contribuíndo á creación de novas cartografías vitais e sociais dirixidas polo desexo. As historias entrelázanse e se constrúen unhas a outras, promovendo saberes e accións cargados de experiencias duras, habitualmente invisibilizadas pola institución. Esas accións están cheas da emoción por promover movementos sociais e cambios educativos en beneficio de todas as persoas.
MESA REDONDA
(Intervención presencial)
Como facer da escola un espazo de inclusión e coidados
Grupo de Estudantes pola Inclusión (EXI) do movemento “Quererla es Crearla”
https://creemoseducacioninclusiva.com/
Antón Fontao: estudante de ciclo medio de Xestión Administrativa
Jorge Osa: estudante de 1º de Bac
Leo Osa: estudante de 2º de Bac
O grupo de Estudantes pola inclusión está formado por alumnos e alumnas de diferentes niveis e lugares do estado. Traballan para lograr escolas inclusivas. Elaboraron a guía Como hacer inclusiva tu escuela e participan no documental Quererla es Crearla.
Deixar unha resposta