Nesta e na próxima semana a nosa compañeira Juventina López xunto con Ita Xocol, ambas lideresas indíxenas guatemaltecas, estarán por Galicia dando a coñecer a loita que realizan no seu país sobre os dereitos das mulleres e o territorio.
Percorrerán Galicia do 21 ao 29 de novembro no marco do proxecto “Mulleres que mudan o mundo” por diferentes cidades e centros educativos. Un proxecto impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Deputación de Pontevedra.
Contarán as principais problemáticas coas que se atopan nas súas comunidades, o activismo pola recuperación das terras que lles foron arrebatadas, a defensa dos dereitos das mulleres e os proxectos nos que participan xunto coas ONGD galegas.
As charlas abertas ao público terán lugar en:
Pontevedra
21 de novembro
19:00 horas
Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Av Montero Ríos s/n)
Vigo
22 de novembro
19:00 horas
Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Oporto, 3)
Bueu
23 de novembro
19:00 horas
Sala de Exposicións Amalia Domíngez (Rúa Eduardo Vicenti, 2)
Caldas de Reis
27 de novembro
19:00 horas
Biblioteca Municipal P. Manuel Martínez Ferro (Paseo Román López)
O Grove
28 de novembro
19:00 horas
Sala das Cunchas (Praza do Corgo, 1)
A Coruña
29 de novembro
19:30 horas
IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta (Rúa Mª Victoria Fernández-España, 2)
Deixa unha resposta