Unha vez reunido o comité de valoración das candidaturas para a convocatoria PCR 2023, concedéronse as dúas prazas ofertadas. A resolución xa foi comunicada a todas as persoas candidatas. Moitas grazas a todas elas!
Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios da UDC, con especial preferencia para as persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA....
Unha mensaxe de Nadal… Despedimos o ano co firme propósito de seguir construíndo dereitos, durante outros 30 anos ou máis... É momento de facer balance e agradecer a todas esas persoas que contribuíron ao mandato de ASF: socios/as, voluntarios/as, persoal contratado, simpatizantes, entidades colaboradoras/financiadoras,... sen esquecernos d0s/as titulares de dereitos, que son a nosa razón...
Achégase o final deste 2021, un ano no que pechamos proxectos coa satisfacción do traballo ben feito e recibimos con alegría os novos retos que están por chegar. 2022 será un ano especial por partida dobre. Primeiro, porque definiremos un novo plan estratéxico que marcará a folla de roteiro da nosa entidade para os próximos...
Queres coñecer como traballamos en Arquitectura Sen Fronteiras – Galicia? Gustaríache traballar na defensa do Dereito ao Hábitat? Interésache participar no noso voluntariado? Se é así… Esperámoste! ? Cando? Venres 30, as 17h. ? Onde? Virtualmente: meet.isf.es/charlavoluntariadoasfg Inscrición
Obxectivo da convocatoria A presente convocatoria busca unha persoa ou un equipo que nos asesore no deseño dos pasos a dar e nas metodoloxías axeitadas para A elaboración dun módulo formativo en liña sobre o traballo específico que se realiza en ASF Galicia para facilitar a formación das novas persoas voluntarias na fase de entrada...
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria 2020 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR], e unha vez avaliadas a documentación presentada polas candidaturas, tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria e tras realizar as entrevistas persoais, decidiu respaldar as dúas candidaturas presentadas. As puntuacións obtidas por todas elas pódense consultar na Resolución...
Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios, con especial preferencia nas persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA. Os bolseiros...
Pechamos un ano máis con novos proxectos e actividades: 365 días dedicados a construír dereitos. Con moita ilusión, seguimos avanzando e afrontando novos retos. Todo isto é posible grazas á vosa participación e colaboración. Por iso, MOITAS GRAZAS! O noso principal desexo para 2020 é seguir camiñando conxuntamente para cumprir todos os obxectivos que nos...
O pasado 13 de abril celebramos as Asembleas Local Ordinaria e Extraordinaria da demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras no Centro Cívico Cidade Vella. Estábamos convocadas todas as persoas socias, voluntarias e contratadas que forman ASF. En total asistimos dezaoito persoas, a maioria voluntariado pero tamén se achegou algunha simpatizante para coñecer o nosa labor. Repasamos...
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria 2019 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR], e unha vez avaliadas a documentación presentada polas candidaturas, tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria e tras realizar as entrevistas persoais, decidiu respaldar dúas das candidaturas presentadas. As puntuacións obtidas por todas elas pódense consultar no Anexo á...
Aberta a convocatoria 2019 para voluntariado en terreo de estudantado da UDC con ASF Galicia en Guatemala
O pasado sábado 4 de agosto tivo lugar no Pazo de Mariñán un evento moi especial para todo o voluntariado (o de hoxe e o de onte) de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. A actividade organizouse de forma conxunta entre o grupo de traballo de Voluntariado e Formación e a Xunta Directiva. O motivo? Como se...
O grupo de voluntariado e formación e a Xunta Directiva organizaron para este ano un encontro de todo o voluntariado presente e pasado de ASF Galicia. Non é que sexa o noso 50 aniversario, ou que chegásemos ás 100 persoas voluntarias, pero é que nos apetece! Así que esperamos que a ti tamén che apeteza...
Todos os socios e socias, voluntariado e persoal contratado de Arquitectura Sen Fronteiras está convidado, e esperamos e contamos coa súa presenza, á próxima Asemblea Local Ordinaria e Extraordinaria de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2018, que se celebrará o próximo 7 de abril as 10:15 horas no Centro Cívico Cidade Vella, Rúa de Veeduría 2 da Coruña....
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria 2018 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR], e unha vez avaliadas as cartas de presentación e os curriculums presentados polas candidatas, tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria e tras realizar as entrevistas persoais, decidiu respaldar catro das candidaturas presentadas, sendo as persoas seleccionadas para o...
Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios, con especial preferencia nas persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA. Os bolseiros e...
Bo Nadal Feliz Navidad Bon Nadal Eguberri On Un ano máis, grazas por formar parte de Arquitectura Sen Fronteiras. Grazas polo teu esforzo, compromiso e dedicación, xa sexa participando activamente ou dando soporte ás accións que realizamos. O 2017 foi un ano especial para nós xa que cumprimos 25 anos. Esperamos poder cumprir outros 25 anos máis,...
Estas últimas semanas foron intensas na formación para o voluntariado e o persoal técnico da nosa demarcación. Estamos de sorte porque sempre gústanos aprender cousas novas. Por un lado celebramos a primeira edición do curso presencial TransFormando, un espazo de formación transdisciplinar sobre metodoloxías participativas vinculadas á transformación do noso entorno especialmente enfocadas en traballar...
Hoxe toca unha entrada algo diferente. A maioría das nosas publicacións contan o traballo que realizamos cara ao exterior, en Cooperación e Educación, pero é importante saber que isto non sería posible sen unha base sólida de persoas voluntarias. É por iso que na demarcación temos un grupo de traballo de Voluntariado e Formación que...
Queres colaborar? mércores 20 de setembro 17:00 horas local de ASF, 2º andar Escola de Arquitectura Esperámosche!
O pasado sábado 13 de maio tivo lugar un Diálogo Café sobre a Formación en Arquitectura Sen Fronteiras – Galicia. O encontro preparárono as voluntarias do grupo de traballo de Voluntariado e Formación coa pretensión de facer unha reflexión aberta sobre os procesos formativos en ASF e de achegar unha mirada ampliada sobre como se...
O pasado sábado 18 tivo lugar a Asemblea Local Ordinaria e Extraordinaria da demarcación de Galicia de Arquitectura Sen Fronteiras no Centro Cívico da Cidade Vella.Estaban convocadas todas as persoas socias, voluntarias e contratadas que forman ASF na actualidade. Consideramos que a asistencia foi numerosa xa que, en total, fomos quince de nós as que...
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria 2017 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR], e unha vez avaliadas as cartas de presentación e os curriculums presentados polas candidatas, tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria e tras realizar as entrevistas persoais, decidiu respaldar as tres candidaturas presentadas, sendo as persoas seleccionadas para o...
Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios, con especial preferencia nas persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA. Os bolseiros e...
Todos os socios e socias, voluntariado e persoal contratado de Arquitectura Sen Fronteiras está convidado, e esperamos e contamos coa súa presenza, á próxima Asemblea Local Ordinaria e Extraordinaria de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2017, que se celebrará o próximo 18 de marzo as 10:00 horas na Aula de Usos Múltiples do Centro Cívico Cidade Vella, Rúa...
Unha vez máis, grazas por formar parte de Arquitectura Sen Fronteiras. Grazas polo teu esforzo, compromiso e dedicación, xa sexa participando activamente ou dando soporte ás accións que realizamos. No 2017 seguiremos traballando intensamente entre todas e todos para construír un mundo socialmente máis xusto, mellorando a calidade de vida das persoas máis desfavorecidas. En...
Rematado o pasado 9 de novembro o prazo ampliado de presentación de propostas para Asistencia Técnica Para Formación en Captación de Fondos, recibiuse só una candidatura. Dado que dita candidatura cumpría todos os requisitos da convocatoria adxidicóuselle directamente a praza. Termos de referencia completos da convocatoria en galego e castelán.
Convocatoria de asistencia técnica para a diagnose e formación do persoal voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia en Captación de Fondos Obxectivo da convocatoria A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo de persoas que realice a diagnose da capacidade de captación de fondos de ASF Galicia e a formación ao...
Convocatoria de asistencia técnica para a formación do persoal voluntario de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia en Comunicación Inclusiva Obxectivo da convocatoria A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo que se encargue de formar ao persoal voluntario de ASF-Galicia en comunicación inclusiva, a fin de dotalo das ferramentas axeitadas para garantir...
O próximo 6 de setembro estaremos na Escola Galega de Administracións Públicas de Compostela participando na Xornada de Autoformación que organiza a CGONGD. As 10:00 participaremos na mesa Novas liñas de intervención falando da nosa experiencia en cooperación local no proceso de inclusión social que dende hai anos estamos a desenvolver nos asentamentos chabolistas da...
O vindeiro xoves 5 de novembro ás 18:30 no noso local da 2ª planta da Escola de Arquitectura da Coruña, teremos unha nova reunión con xente interesada en colaborar con Arquitectura Sen Fronteiras para dar a coñecer máis a fondo quen somos e o noso labor. Si che interésa, non dubides en achegarte, esperámoste.
O aveiro da sesión anual do vindeiro día 18 de abril en Santiago de Compostela, queremos celebrar unha comida conmemorativa conxunta para festexar estes 20 anos de traxectoria. Para elo, aquelas persoas que esteades interesadas pregaríamos que vos apuntarades para podermos organizar o evento. Podedes facelo no seguinte formulario de inscripción. Un saúdo Xunta Directiva Arquitectura Sen Fronteiras – Galicia