Os habitantes de Gaza son refuxiados, unha poboación desprazada dende 1948, nun hábitat non permanente durante anos. Esa dicotomía entre permanencia e impermanencia dunha paisaxe peculiar: unha prisión ao aire libre. Verbas como normalización están fóra de contexto en Gaza, pero ao mesmo tempo a través desa perversión semántica, emerxe unha posición pragmática e ideolóxica que nos dirixe a desenvolver o proxecto.
Workshop sobre arquitectura na franxa de Gaza a cargo de Alberto Foyo, arquitecto profesor do City College New York e Nuria Prieto, doutora arquitecta. Organizado pola Columbia University, The City University of New York e Auckland University
- Escola Técnica Superior de Arquitectura A Coruña do 19 ao 25 de Setembro, 10:00-14:00 16:00-19:00
- Inscrición gratuíta
- Programa
- Formulario de inscrición
Deixa unha resposta