X Seminario Hábitat a Escala Humana

A décima edición do Seminario Hábitat a EscalaHumana celebrouse en novembro de 2025 e consistiu no achegamento a dúas realidades do Sur e do Norte mediante dúas aproximacións diferentes: un videoforum sobre un documental e un percorrido por espazos significativos do barrio Agra do Orzán na Coruña.

Defendendo o dereito á auga no sur e no norte

Un coloquio moderado por Diego Álvarez, técnico de educación de Arquitectura Sen Fronteiras, tras a proxección do documental "Abuela Agua" que explora a problemática da escaseza e mala calidade da auga en territorios onde ASFE traballa en implementar proxectos para garantir este recurso esencial.

Contamos coa participación presencial dunha das súas protagonistas, Juventina López, lideresa comunitaria, guía espiritual e defensora de dereitos, pertencente ao pobo maia Mam de Guatemala, acompañada pola responsable de proxectos de Cooperación Internacional de ASF Galicia Lara Medín, xunto a profesora e investigadora da Escola de Camiños e directora da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC Acacia Naves.

 

Roteiro Agra barrio de coidados

Un percorrido, realizado o o sábado 29 de novembro de 2025, por diversos puntos clave do coruñés barrio da Agra do Orzán. Da man do músico e escritor Xurxo Souto, do arquitecto e membro de Ergosfera Iago Carro, e a Xornalista, investigadora e activista antirracista Zinthia Álvarez achegámonos a súa memoria, o urbanismo e a diversidade presente nas súas rúas e veciñanza do barrio.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.