Formación de 38 albaneis e 11 mestres de obra

no marco do programa Oxlajuj Tz'ikin
Champerico, Departamento de Retalhuleu. 2009-2010

2009 OT Formación albaneis

Como parte do proxecto de vivenda levado a cabo por parte de Arquitectura Sen Fronteiras no marco do Programa Oxlajuj Tz'ikin plantexouse a contratación de persoal local na construción como medio para xerar desenvolvemento indirecto. Con esta idea, organizáronse uns cursos de formación para albaneis locais que permitiron, ofrecer por unha banda unha titulación homologada aos construtores capaz de facilitar o seu posterior acceso ao mercado, e por outra garantir as capacidades do persoal que posteriormente encargouse da construción das vivendas do proxecto.

Para alcanzar estes obxectivos Arquitectura Sen Fronteiras estableceu unha colaboración co Instituto Técnico de Capacitación e Produtividade (INTECAP), un centro de recoñecido prestixio en Guatemala, para o deseño e desenvolvemento dun curso de catro meses para fortalecer as capacidades dos albaneis e dos mestres de obra locais.

A formación, ademais de desenvolver os correspondentes contidos teóricos, completouse cunha capacitación práctica na que se construiron os modelos de vivenda que posteriormente se levantaron como parte do proxecto. Con isto logrouse que os futuros construtores coñecesen a obra que executarían máis adiante e serviu como sistema de avaliación do deseño preliminar de vivenda elaborado de xeito participativo entre Arquitectura Sen Fronteiras e a propia poboación.

Os cursos foron finalizados con éxito por corenta e nove alumnos, trinta e oito albaneis e once mestres de obra. A todos eles entregóuselles un diploma oficial do INTECAP para facilitar o acceso a novas fontes de traballo máis aló do proxecto.

Departamentos de Retalhuleu

Nome do proxecto: Programa Oxlajuj Tz'ikin

Lugar: Departamento de Retalhuleu, Guatemala

Data de execución: 2009-2010

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 10.014,52€

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ASIAPRODI

Ficha: PDF

Coa colaboración de:
Asiaprodi
INTECAP
Xunta de Galicia