O pasado 23 de marzo Mulleres Colleiteiras asinuo un novo convenio para o ano 2018 con Edar Bens SA, a empresa supramunicipal responsable da depuración das augas residuais de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. O seu director Carlos Lamora subliñou o grande traballo realizado pola cooperativa que no pasado 2017 cuadriplicou a cantidade de aceite doméstico recollido...
O Proxecto Mulleres Colleiteiras naceu hai cinco anos a iniciativa do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, co obxectivo de aproveitar a capacidade de traballo das mulleres dos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe. Tras unha proba piloto recollendo aceite doméstico usado no Barrio de Montealto, aprendendo dos erros e os...
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria dunha praza de Encargada na Cooperativa Mulleres Colleiteiras, e tendo en conta os criterios expostos nos Termos de Referencia, informouse por correo electrónico a súa resolución ás persoas interesadas. Moitas grazas a todas polo seu interese en traballar en Arquitectura Sen Fronteiras
Contexto do Proxecto Social Mulleres Colleiteiras O proxecto de inserción socio-laboral Mulleres Colleiteiras baseado na recollida de aceite vexetal usado para a súa reciclaxe, consta de dúas partes diferenciadas e complementarias: o proxecto social e a cooperativa. En Abril de 2013 comeza un proxecto piloto no barrio de Montealto coa participación de 23 mulleres en...
Do 16 ao 31 de decembro a cita en Coruña será DiversidArte, unha mostra de arte que aposta pola diversidade, xa que como pon a súa páxina web todo o que imos ver, escoitar, sentir, saborear, bailar e disfrutar está feito por persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social. Exposicións de pintura,...
O pasado 26 de novembro, xusto un día despois do Día Internacional Contra as Violencias Machistas, celebrouse no coruñés Mercado de San Agustín a Feira de Proxectos de Vida Feministas, unha iniciativa de Experiencias Feministas de Pardo Bazán a prol da igualdade e para visibilizar proxectos desenvolvidos por mulleres. Mulleres Colleiteiras acudiron puntuais á cita para informar sobre...
Juan Aradas, voluntario do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras participou o pasado 27 de outubro no 2º debate do ciclo Repensar Coruña: entre a utopía e a realidade que organiza o Foro Metropolitano Coruña 3.0. Sobre a mesa a rexeneración da fronte litoral da Ría do Burgo dende Oza á Ponte Pasaxe,...
O labor de Mulleres Colleiteiras vai máis aló de recoller o aceite doméstico usado que a xente deposita nos contenedores que temos distribuídos pola cidade. Aproveitamos calquera oportunidade que nos brindan para concienciar á xente sobre o perigo que supón para o medio ambiente o seu verquido incontrolado, especialmente o moito que contamina cando chega ao mar. Por...
O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras acaba de asinar un convenio coa Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, tal e como fixo público a concelleira Rocío Fraga en rolda de prensa celebrada o 26 de agosto na que estivémos presentes. O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras, en colaboración coa Cooperativa Mulleres Colleiteiras, enfócase ás...
O próximo 6 de setembro estaremos na Escola Galega de Administracións Públicas de Compostela participando na Xornada de Autoformación que organiza a CGONGD. As 10:00 participaremos na mesa Novas liñas de intervención falando da nosa experiencia en cooperación local no proceso de inclusión social que dende hai anos estamos a desenvolver nos asentamentos chabolistas da...
O 12 de xullo no Teatro Colón da Coruña, ás oito da tarde, a ONCE entregaba os seus Premios Solidarios 2016. Con eles recoñece anualmente ás empresas, organizacións, medios de comunicación, persoas físicas e estamentos da administración pública que máis contribuísen á defensa e apoio da integración das persoas con discapacidade e doutros colectivos en...
Os informativos da TVG hai pouco adicaron unha nova á Cooperativa Mulleres Colleiteiras, impulsada por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia:
En Arquitectura Sen Fronteiras estamos de celebración. No día de onte, luns 2 de Maio, a cooperativa Mulleres Colleiterias impulsada dende o traballo da organización, deu un importante paso na súa consolidación e o seu posicionamento na xestión e recollida de aceite vexetal na cidade a través da firma dun convenio coa Concellería de Medio...
Durante a presentación de Ciudadanía Invisible O pasado 8 de abril presentamos a publicación Ciudadanía Invisible na Casa Museo Casares Quiroga. No evento participaron os compañeiros e compañeiras de Tinta Bacanal, Santiago Avión como prologuista do libro e varias das persoas protagonistas das historias tanto de Galicia como de Guatemala. Moitos de vós preguntastes por...
Os que temos a fortuna de vivir nun país como o noso adoitamos emocionarnos, compadecernos e mesmo solidarizarnos ante imaxes que nos chegan doutros países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento. E convenientemente esquecemos que esa allea realidade é moi similar á de moitos e moitas das nosas concidadás, preferimos que permanezan invisibles.Boa parte dos...