Valor Engadido

Nos proxectos de Arquitectura Sen Fronteiras ademais de tratar de dar solucións adecuadas aos problemas de habitabilidade, aprovéitase a construción das obras como un medio para xerar melloras, fortalecer capacidades e dinamizar procesos de desenvolvemento na contorna, de xeito indirecto.

Algúns dos valores engadidos das intervencións de Arquitectura Sen Fronteiras son:

 
  • Perspectiva integral do dereito ao hábitat
    Garantir o dereito ao hábitat implica o cumprimento de moitos outros dereitos nas dimensións físicas, sociais, políticas e culturais que compoñen a vida das persoas e comunidades, e constitúe unha condición necesaria para vivir con dignidade e seguridade, para desenvolver libremente a propia personalidade e para participar libremente na vida comunitaria.
  • Aprendizaxe das experiencias no norte e no sur
    Os procesos educativos que promove ASF baséanse nas experiencias e coñecementos xeradas na organización en contextos do norte e do sur completando e potenciando o traballo e achegando estas realidades a diversos públicos
  • Execución do proxecto adaptado ao contexto
    A planificación da execución das construcións faise tendo en conta as condicións climáticas, culturais e produtivas do contexto onde se realiza o proxecto
  • Fomento da cultura libre
    Todos os traballos creativos producidos nos proxectos son compartidos baixo licencias que permiten a liberdade na distribución co obxectivo de compartir e facilitar o acceso aos materiais e contribuír á cultura libre
  • Deseño participativo
    As propostas deséñanse mediante un proceso participativo cos diferentes colectivos involucrados, co obxectivo de conseguir uns resultados máis axeitados ao contexto social, cultural e ambiental onde se desenvolve o proxecto.
  • Participación da poboación beneficiaria nos proxectos
    Dende Arquitectura Sen Fronteiras considérase que a poboación debe ter un papel protagonista no seu propio desenvolvemento. Neste sentido trátase de involucrar á poboación en todos os procesos do proxecto, dende o deseño ata a execución das obras. A participación da poboación supón unha maior apropiación, garantindo a sustentabilidade do traballo
  • Uso racional dos recursos económicos
    As construcións que se propoñen son de carácter funcional e utilitario, racionalizando o uso dos materiais empregados e reducindo o desperdicio dos mesmos. Por outra banda trátase de utilizar, na medida do posible, materiais e persoal local de xeito que os fondos investidos teñan un maior rendemento
  • Proxectos de baixo mantemento
    Nos proxectos plantéxanse solucións de deseño e de uso de materiais que non requiran un gasto excesivo en mantemento, entendendo que as obras que se realizan están destinadas a poboacións con escasos recursos
  • Contratación de man de obra local
    Para Arquitectura Sen Fronteiras a construción enténdese, ademais de como un fin para atender as diferentes necesidades de habitabilidade, como un medio para xerar desenvolvemento na contorna. Por este motivo, sempre que é posible, trabállase con albaneis e mestres de obra locais; que, por outra banda, tenden a estar máis comprometidos co obxectivo do proxecto
  • Elección e avaliación do lugar
    Antes de comezar a construción avalíase o terreo co obxectivo de evitar posibles riscos, como inundacións ou deslaves, e para establecer a localización máis adecuada para o tipo de uso do edificio
  • Formación para o uso e o mantemento da construción
    Ao finalizar as obras, sempre que resulte oportuno, exponse unha capacitación cos futuros usuarios sobre o uso adecuado e o mantemento da infraestrutura
  • Emprego de materiais e tecnoloxías apropiadas
    Nos proxectos utilízanse materiais e tecnoloxías adaptadas ás capacidades técnicas e económicas da poboación, de xeito que a súa sustentabilidade e mantemento queden garantidas
  • Deseño bioclimatico
    O deseño das construcións ten en conta os factores climáticos (sol, vexetación, choiva, ventos...) para ofrecer unhas condicións de uso axeitadas e reducir o impacto ambiental
  • Deseño sismoresistente
    Os deseños realízanse segundo as normas de seguridade estrutural vixentes e contando, cando sexa necesario, con persoal técnico específico para o deseño e a supervisión da estrutura do edificio