Publicacións

Libros e publicacións en descarga libre baixo licenza creative commons. Compárteos!

Educación para o Desenvolvemento

Participar para cuidar

Autoras: Marta Casal Cacharrón e Grupo de Traballo de Educación de Arquitectura Sen Fronteiras
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2024
Idioma: Galego
Licenza: Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)

Descarga: PDF (1 Mb)

Sinopse: Desde ASF desenvolvimos un proceso de indagación, con diversos axentes que forman parte de comunidades educativas en Galicia, tendo como foco as seguinte a pregunta:

Como facer uns hábitats educativos que proporcionen vidas boas a todo o mundo, experiencias que mereza a pena ser vividas?

Este material é froito da observación, da escoita, da facilitación de espazos de encontro para explorar desde diversidade de voces, miradas e vivencias arredor deste interrogante, que é meta e é camiño.

O proceso levounos a pensar en qué preguntas, a modo de guías, nos temos que facer hoxe para avanzar nese camiño. Identificar que prácticas, que experiencias, que actitudes están axudando a percorrelo. Este é un documento para acompañarnos nese proceso, dese inmenso e apaixoante camiño de educarnos e coidarnos.

Participar para cuidar

Autoras: Marta Casal Cacharrón e Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda
Edita: Hegoa Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional
Ano: 2021
Idioma: Castelán
ISBN: 978-84-16257-84-3
Licenza: Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)

Descarga: PDF (247 Kb)

Sinopse: Comunicación publicada nas actas do V Congreso de Educación para la Transformación Social, Vitoria-Gasteiz novembr0 de 2021

Algunhas impresións e primeiras reflexións sobre a praxe educativa que estamos a xerar desde Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e un Instituto de Educación Secundaria da Coruña a través dun programa de Educación para a transformación social en catro fases. Este instituto converteuse en laboratorio para experimentar un proceso de construción comunitaria que implique progresivamente a alumnado, docentes, familias e actores externos.

O programa ten como eixo vertebrador a construción da propia idea de comunidade, así como de construír un hábitat digno nesta escala. Trabállase desde un enfoque complexo do hábitat (dimensións física, social, culturalsimbólica e política) que se nutre desde a educación para a participación, o enfoque ecosocial e ecofeminista e unha mirada interseccional dos dereitos humanos e a diversidade.

Guía de mantenimiento básico de la Escuela del Manchón

Manual de Mantenimiento: guía de mantenimiento básico de la Escuela del Manchón

Autoras e autores: Sabela Girón Gesteira y Edgar Medina Fernández (autoría e coordinación), Lucía Escrigas Rodríguez (ilustracións), Edgar Medina Fernández (maquetación), Lucía Escrigas Rodríguez (colaboradora)
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2018
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (5 Mb)

Sinopse: O obxectivo deste manual de mantemento básico da Escola do Manchón é establecer unha serie de medidas mínimas de mantemento e revisión das estancias, así como as infraestruturas, coas que manter e garantir os niveis de seguridade, integridade e salubridade óptimos que garantan o total uso e goce por parte dos usuarios e usuarias do centro educativo, favorecendo o adecuado desenvolvemento das actividades académicas por parte do equipo docente e o alumnado.

Escuela saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador

Escuela saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador

Autoras e autores: Sabela Girón Gesteira y Edgar Medina Fernández (autoría e coordinación), Lucía Escrigas Rodríguez (ilustracións), Edgar Medina Fernández (maquetación), Lucía Escrigas Rodríguez (colaboradora)
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2018
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (12 Mb)

Sinopse: Arquitectura Sen Fronteiras propón esta unidade como punto de partida para a reflexión acerca da importancia das condicións físicas do centro escolar, as cales repercuten directamente na saúde e, como consecuencia, no aproveitamento lectivo e a calidade de vida do alumnado. Ditas condicións poden mellorarse involucrando á poboación no diálogo e debate, co obxectivo de alcanzar solucións apropiadas adecuadas á súa situación socioeconómica e cultural. Para iso hanse de tratar aquelas solucións técnicas que melloren a infraestrutura escolar, adaptadas ás capacidades socioeconómicas da poboación, impedindo que o centro escolar supoña un risco para a saúde do alumnado e o persoal docente. Consecuentemente, tense que profundar na difusión e sensibilización de hábitos de hixiene e mantemento saudables no ámbito escolar, pois a ausencia destes repercute de forma directa na saúde dos integrantes da comunidade educativa.

Vivienda saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador

Vivienda saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador

Autoras e autores: Sabela Girón Gesteira y Edgar Medina Fernández (autoría, coordinación e maquetación), Lucía Escrigas Rodríguez (ilustracións), Rebeca Cuevas González, Lucía Escrigas Rodríguez, Elena Pena Basanta e Daniel Vázquez Paredes (colaboracións)
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2018
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (20 Mb)

Sinopse: Arquitectura Sen Fronteiras propón esta unidade como punto de partida para a reflexión acerca da importancia das condicións físicas da vivenda, as cales repercuten directamente na saúde e, como consecuencia, na calidade de vida das persoas. Ditas condicións poden mellorar involucrando á poboación no diálogo e debate, co obxectivo de alcanzar solucións apropiadas adecuadas á situación socioeconómica e cultural. Para iso hanse de tratar aquelas solucións técnicas que melloren a infraestrutura domiciliar, adaptadas ás capacidades socioeconómicas da familia, impedindo que a vivenda supoña un risco para a saúde dos seus habitantes. Consecuentemente, tense que profundar na difusión e sensibilización de hábitos de hixiene e mantemento saudables no ámbito domiciliar, pois a ausencia destes repercute de forma directa na saúde dos integrantes da unidade familiar.

Diagnóstico y plan de mejora de la red de centros educativos públicos del área costera de Champerico y Retalhuleu

Diagnóstico y plan de mejora de la red de centros educativos públicos del área costera de Champerico y Retalhuleu

Autoras e autores: Adrián Ferreiro, Lara Medín, Marta Fernández, Sabela Girón, Beatriz Sierra, Ramón Fernández, Carolina Jack, José Manuel Sánchez, Iria Brandariz, Juventina López, Damián Vail, Cruz Vail, Ángel Berna, Adriana Hidalgo, Oscar Míguez, Víctor Gómez, Ruper Camposeco
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2017
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga:

Sinopse: Documento analítico y propositivo que identifica y aporta soluciones viables a los principales déficits que existen en la red de infraestructuras educativas del Ministerio de Educación en el área costera de Champericó y Retalhuleu, Guatemala. El análisis de esta red de infraestructuras se ha realizado desde dos enfoques: la cobertura de la red de centros y el estado de las infraestructuras existentes.

El enfoque del Derecho al Hábitat en la Educación Formal de Galicia

El enfoque del Derecho al Hábitat en la Educación Formal de Galicia

Autoras e autores: Xosé Manuel Rosales, Soledad Bugallo, Marta Casal, Lucía García-Cernuda e Juan A. Ortiz
Edita: Revista Internacional de Educación para la Justicia Social (RIEJS)
Ano: 2017
Idioma: Castelán
ISSN: 2254-3139
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga: PDF (629 KB)

Sinopse: Artículo publicado en la Revista Internacional de Educación para la Justiza Social (RIEJS) Vol. 6, Núm. 1 (2017): Arquitectura y Educación para la Justiza Social.

El artículo aborda la experiencia de trabajo conjunto dentro del Plan Proxecta entre Arquitectura sen Fronteiras, una Organización No Gubernamental, y el Proxecto Terra, del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. Se amplía conceptualmente su acción conjunta en los centros educativos a través de la visibilización, reconocimiento, apropiación, transformación y reflexión en torno a las diversas realidades y la vindicación de la “justicia social” mediante el fomento de la acción significativa y participativa del alumnado empleando sus propios saberes y conocimientos. Esta articulación de la mirada socioafectiva significativa y situada forma parte de la transformación real de la realidad del hábitat.

Estudo de sistemas de saneamento básico para escolas rurais na costa sur de Guatemala

Estudo de sistemas de saneamento básico para escolas rurais na costa sur de Guatemala

Autora: Sabela Girón Gesteira
Ano: 2017
Idioma: Galego
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga: PDF (45,2 Mb)

Sinopse: Traballo Fin de Grao dos estudos de Arquitectura na Universidade da Coruña de Sabela Girón Gesteira. Oriéntase á indagación en materia de saneamento no caso concreto das comunidades rurais da costa sur de Guatemala, dentro do municipio de Champerico. Servindo como proba da importancia que terá a existencia dun saneamento apropiado, seguro e saudable, centrase na aplicación directa nos centros educativos desta rexión, por conformaren os nenos e nenas en idade escolar un sector da poboación especialmente afectado polas consecuencias de saneamentos e prácticas hixiénicas inadecuadas.

Considerando os aspectos desenvolvidos dende o traballo de Arquitectura Sen Fronteiras, que engloban sustentabilidade, respecto cara á cultura e costumes locais, perspectiva de xénero, uso de materiais locais e tecnoloxías apropiadas, respecto aos dereitos humanos e ao medio ambiente, este traballo desenvolve unha serie de criterios orientados a conseguir un deseño de sanitario axeitado para este contexto. Estes criterios serán a base sobre a que se desenvolve a investigación dos diferentes sistemas de sanitarios existentes, servindo coma condicionantes á hora de guiar o estudo dende a perspectiva de tecnoloxías apropiadas e pertinencia cultural descritas.

Catro Paredes

Catro Paredes. Antoloxía sobre o dereito ao Hábitat

Autoras e autores: Xosé Duncan, Ángela Ocaña, Eva Seoane, Simita Fernández, Nieves Delgado, Laura Recio, Cristina Botana, Fernando Pérez
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Tinta Bacanal
Ano: 2016
Idioma: Galego e castelán
Depósito Legal: C 985-2016
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (8,5 Mb)

Sinopse: Unha antoloxía fruto das obras gañadoras e finalistas do Primeiro Certame de Relato Breve e Ilustración Catro Paredes sobre o dereito ao hábitat. Marcadas cun estilo e xénero libres, os contos e ilustracións reflicten os conflictos derivados dos procesos de loita polo dereito a un hábitat digno. A problemática da exclusión social e habitacional, o dereito ao refuxio, a auga e a habitabilidade son os protagonistas desta publicación.

Ciudadania Invisible

Ciudadanía Invisible. Retratos de la lucha por el derecho al hábitat

Autoras e autores: Varias e varios
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Tinta Bacanal
Ano: 2015
Idioma: Castelán
Depósito Legal: C 2473-2015
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (23,7 Mb)

Sinopse: Doce retratos que comparten su historia de vida, su lucha por el derecho a la tierra y al hogar en dos contextos tan distintos como son las comunidades indígenas y campesinas del suroeste de Guatemala y los asentamientos gitanos del noroeste de Galicia.

Nós Contamos

Nós Contamos. Taller de escritura creativa

Autoras e autores: Adrián Jesús Antonio García Gabarri, Angelina Conchado Gabarre, Isaac Conchado Gabarre, María Clara Gabarri Montoya, Montserrat Gabarri Montoya, Nerea Gabarri Borja, Noelia Gabarri Gabarri, Noemí Gabarri Borja, Tania Gabarri Barrul, Paula Gabarri Borja, Samara Gabarre Montoya, Sara Borja Borja, Sonia Gabarri Barrul e Tomás Borja Borja
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Tinta Bacanal
Ano: 2015
Idioma: Galego e castelán
Depósito Legal: C 2472-2015
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Sen Obra Derivada - Compartir Igual -  (by-nc-nd)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (8,8 Mb)

Sinopse: Os textos aquí publicados son froito da realización de 7 obradoiros de creación literaria realizados con nenos, nenas e adolescentes do asentamento das Rañas da cidade da Coruña. Foron deseñados e dinamizados pola asociación literaria Tinta Bacanal co apoio do voluntariado de ASF Galicia, e tiveron como obxectivos principais proporcionar espazos e metodoloxías para favorecer o dereito á participación social, como dimensión integrante da creación do propio hábitat, así como a mellora das ferramentas de comunicación a través de actividades lúdicas e creativas.

Criterios de diseño de viviendas mínimas en Guatemala

Criterios de diseño de viviendas mínimas en Guatemala

Autoras e autores: Adrián Ferreiro Pérez e Lara Medín López
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2014
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga: PDF (8,6 MB)

Sinopse: Esta publicación sintetiza los criterios de diseño empleados por Arquitectura Sin Fronteras Galicia en la construcción de viviendas mínimas en Guatemala: estructurales, bioclimáticos, de uso, higiénicos y de salud, de mantenimiento, económicos y de optimización de materiales, de ejecución y criterios constructivos. Muchas de las conclusiones expuestas aquí son el resultado del trabajo llevado por la organización en los últimos años con más de 300 viviendas construidas.

Procesos Habitados

Procesos habitados As arquitecturas nas que vive o outro 90%

Autoras e autores: Varias e varios
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Docentes da Universidade da Coruña
Ano: 2014
Idioma: Galego / Castelán / Inglés
ISBN: 978-84-9749-612-4
Depósito Legal: C 2215-2014
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (3,7 Mb)

Sinopse: Leccións maxistrais, casos de estudo, leccións disparadoras e resultados do curso de verán Procesos Habitados da E.T.S. de Arquitectura da Coruña que tivo lugar en setembro de 2014.

Construcción Casa Materna con Adobe Sismorresistente

Construcción Casa Materna con Adobe Sismorresistente

Autoras e autores: Lucía Sineiro Cascallar, co apoio do Grupo de Traballo de Cooperación Internacional de ASF-Galicia e a Asociación Médicos Descalzos
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2014
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Agència Catalana de Cooperació al Desenvolupament, Xunta de Galicia, Cooperación Galega

Descarga: PDF (8,2 Mb)

Sinopse: Este documento trata de recoger, de manera sistemática y con carácter divulgativo, el proceso de construcción de la Casa materna Ri Kichoch Ri ki Alanik; un lugar de encuentro, formación y atención del Consejo de Comadronas Tradicionales del municipio quichelense de Chinique, en Guatemala. Esta construcción, llevada a cabo por Médicos Descalzos y Arquitectos Sin Fronteras, pone en práctica una tecnología constructiva de adobe sismorresistente con la que se trata de conjugar la seguridad estructural con la recuperación de la sabiduría de la construcción tradicional. En esta guía se pretende hacer una sistematización de esta tecnología constructiva desarrollada por la Universidad de El Salvador y la Agencia de Cooperación Japonesa, a través del Proyecto Taishin.

Historia del movimiento de lucha por la tierra del Pueblo Mam de Cajolá, Guatemala

Historia del movimiento de lucha por la tierra del Pueblo Mam de Cajolá, Guatemala

Autoras e autores: Varias e varios, a partir dun texto de Damián Vaíl Alonzo
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2011
Idioma: Castelán
Depósito Legal: 
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Xunta de Galicia e Cooperación Galega

Descarga: PDF (1,7 Mb)

Sinopse: En 1996 se puso fin al conflicto armado de Guatemala  y se firmaron los Acuerdos de Paz. Con ellos se pretendía establecer un marco propicio para el desarrollo económico del país, la paz y los derechos humanos. Uno de los puntos conflictivos es la recuperación por parte de las comunidades de sus tierras, que años antes los gobiernos militares habían vendido a terratenientes, empresas extranjeras o élites militares. Los indígenas y campesinos guatemaltecos llevaban décadas luchando por recuperar sus tierras, y a partir de 1996, los Acuerdos de Paz ampararon esta lucha. Este movimiento tiene mucha relevancia en el departamento de Retalhuleu, ya que es allí dónde nace, y dónde muchas comunidades han encontrado finalmente su hogar. Una de las comunidades fruto de este proceso de recuperación de las tierras arrebatadas es Nueva Cajolá, cuya historia, como ejemplo de este largo proceso aún sin concluir, se narra a continuación.

Reciclaje de material plástico de desecho para su aprovechamiento en sistemas constructivos en usos comunitarios

Reciclaje de material plástico de desecho para su aprovechamiento en sistemas constructivos en usos comunitarios

Autoras e autores: Cristina Blanco Montero, Cristina Botana Iglesias, Miguel Ángel Fernández Souto, Alberto Fortes Novoa, Beatriz García Ron, Carolina Jack Lago
Edita: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Ano: 2011
Idioma: Castelán
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)
Cofinanciamento: Universidade da Coruña

Descarga: PDF (59,8 Mb)

Sinopse: Un grupo de investigación coordinado por la docente Cristina García Fontán y formado por varios alumnos de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, desarrollaron en 2011 un proyecto para el estudio del reciclaje de material plástico de desecho para su aprovechamiento en sistemas constructivos en usos comunitarios. El presente documento recoge la ejecución y los resultados de esta investigación, siendo un elemento clave en la difusión de la misma, con el objetivo principal de sensibilizar y contribuir a la mejora de la formación técnica y social de la comunidad universitaria.

A cidade invisible

A cidade invisible. Xornada ao redor da participación cidadá e as políticas públicas na cidade esquecida

Autoras e autores: Antón Gomez-Reino Varela (Rede Dereitos Sociais), Iria Brandariz, Cristina Nieto, Macario Iglesias, Juan Aradas (Arquitectura Sen Fronteiras) e Xesús Carrazoni Fuertes (Desescribir)
Edita: Desescribir e colaboran Arquitectura Sen Fronteiras, COAG e Rede de dereitos sociais
Ano: 2011
Idioma: Galego
Licenza: Creative Commons Atribución – Non Comercial – Compartir Igual (by-nc-sa)

Descarga: PDF (728 KB)

Sinopse: ASF-E Galicia e o colectivo Desescribir, organizacións que desde hai anos apoian os colectivos que viven en condicións de infravivenda e en risco de exclusión social, organizaron unha conferencia sobre os mecanismos de participación cidadá para a elaboración de políticas públicas que favorezan a inclusión social na cidade da Coruña. O obxectivo da iniciativa foi abordar propostas que axuden á solución dos asentamentos precarios da cidade desde unha lóxica de xustiza para os seus habitantes. A mesa redonda contou coa participación de representantes das institucións públicas, do COAG, da sociedade civil e das asociacións veciñais afectadas. A xornada tivo lugar na delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia.