Compromiso de comunicación con persoas/institucións que fagan aportacións finalistas

Compromiso institucional de comunicación e información ao doante de achegas finalistas

Arquitectura sen Fronteiras, no marco das súas políticas e estratexias institucionais de transparencia, rendición de contas e mellora constante a través da implementación de procesos continuos de calidade, adquire de forma pública e expresa o compromiso de comunicación coas persoas físicas, xurídicas e/ou institucións que fagan achegas económicas finalistas, do destino e utilización da súa achega.

Unha achega económica finalista é toda aquela achega ou doazón específica que se realiza á entidade coa vontade expresa do doante de destinala a unha finalidade concreta, isto é, que se destine ao financiamento dunha actividade, proxecto ou programa concreto, ou ao financiamento de calquera gasto específico de mantemento, equipos ou estrutura de Solidarios.

Para iso, o doante debe comunicar expresamente a finalidade para a que quere realizar a súa doazón, e a entidade debe aceptala. En todo caso, realizada a doazón ou achega especificando o doante de forma expresa a finalidade á que a quere dedicar, a non renuncia á mesma nun prazo de 30 días por parte da organización, supón a súa aceptación tácita, e o compromiso de destinala á finalidade indicada polo doante.

ASF comprométese a proporcionar información ao doante sobre a actividade, proxecto ou programa apoiado e os resultados obtidos coa mesma, e toda aquela información adicional ou requisitos de xustificación económica no seu caso, que o doante solicite de forma expresa antes de realizar a doazón e que ASF acepte e comprométase de forma expresa no momento de aceptar a mesma.

A través da súa contabilidade institucional e dos plans de execución orzamentaria, poderase demostrar en todo momento o destino dos fondos finalistas recibidos, que serán mostrados ao doante no momento que o solicite, presentando os documentos xustificativos de gasto e pago correspondentes.