Coordinación do ProxectoTERRA

Galicia. 2018 - actualidade

Nome do proxecto: Coordinación do ProxectoTERRA

Lugar: Galicia

Data de execución: 2018 - actualidade

Financiador: COAG

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: ProxectoTERRA

Durante o verán de 2018 Xose Manuel Rosales propúxonos asumir a coordinación do ProxectoTERRA a partir do curso 2018-2019.

Despois de varios anos traballando conxuntamente e estando o grupo de EpD estreitamente vinculado coa educación formal consideraba que eramos o colectivo apropiado para continuar o labor iniciado facía máis de vinte anos.

O ProxectoTERRA trata de formar, difundir e ampliar os coñecementos da poboación galega en temas relacionados coa ordenación, planificación e intervencións das actividades humanas sobre o territorio.

Despois dunha reflexión interna entre as persoas socias e voluntarias de ASF e as negociacións pertinentes coa Xunta de Goberno do COAG asinamos finalmente un convenio de colaboración.

Desde ese momento, ASF asumiu a coordinación do proxecto e de todas as actividades que conleva.

Coa colaboración de: