Último episodio publicado
O falangullo de ASF Galicia

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Podes escoitarnos no teu podcatcher favorito, en iVoox, Apple Podcast e Spotify, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.

Producido polo grupo de Educación, e a colaboración do grupo de Comunicación, con Habitando pretendemos educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat. Gustaríanos que nos achegases os teus comentarios, dúbidas, ou punto de vista. Contamos coa vosa colaboración.

Habitando naceu en 2015 como unha actividade englobada nun proxecto máis amplo cofinanciado pola Xunta de Galicia, que o grupo de Educación desenvolveu ao longo de 2015 e 2016. Unha vez rematado dito proxecto, Habitando continúa en defensa do dereito ao Hábitat.

Contacto

gtcomunicacion.gal @ asfes.org

Escoitanos

Feed | SpotifyApple Podcast | iVoox

Redes sociais

@ASF_Habitando | Facebook