Ata o 27 de outubro permanecerá aberta a preinscripción para o curso Trans-Formando: procesos participativos, hábitat e educación.
Un curso gratuito (mais valorado en 200€ por persoa), organizado en dos módulos, cunha duración total de 24 horas, e que ten como obxectivo xenerar un espazo de formación transdisciplinar sobre metodoloxías partipativas vencelladas á transformación do noso entorno en diferentes dimensións (físicas, sociais, simbólicas, políticas), e enfocadas a traballar coa mocidade procesos educativos para a transformación social.
30 prazas | Gratuito | IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) | 10-11 Novembro e 1-2 Decembro
- Formulario de PREINSCRIPCIÓN ata o 27 de outubro
- Formalización da INSCRIPCIÓN ata o 3 de novembro
- Correo de consulta: gteducacion.gal @ asfes.org
Coa posibilidade de participar voluntariamente no deseño e desenvolvemento dun proceso participativo no IES Ramón Menéndez Pidal como experiencia práctica entre decembro 2017 e marzo 2018
Información completa do curso (PDF, 0,8Mb)
Módulo 1 por Lucila Valsecchi
Procesos participativos de carácter comunitario: características, metodoloxías e aspectos socioafectivos e da xestión de grupos
- De que falamos cando decimos participación? Por qué son importantes os procesos participativos? Como favorecer e motivar a participación?
- Metodoloxías para a acción colectiva: características, fases, aspectos clave de experiencias como Oasis ou Planta tu parque
- Técnicas de facilitación para traballar con grupos grandes atendendo a aspectos socio-afectivos como elementos clave do proceso educativo
- Transferencia de coñecementos: aplicacións a miña situación laboral, a miña comunidade
Módulo 2 por Taller Abierto e Raóns Publiques
Proxectos socieducativos a través da arte e arquitectura
- O terceiro maestro. Como usar o contexto para a aplicación de novas metodoloxías didácticas
- Ferramentas plás9cas como medio para a inclusión
- A comprensión do espacio público como espacio educativo
- Caixón de ferramentas: Técnicas de análise urbano cualita9vas e cuan9ta9vas; ferramentas da animación socio-cultural; obradorios participativos
- Práctica de prototipado dun proxecto participativo nun espazo público
2 COMMENTS ON THIS POST To “Aberta á inscripción para o curso Trans-Formando: procesos participativos, hábitat e educación”