Curso Dereito ao Hábitat: ecofeminismo, urbanismo e barrios de coidados

Formación aberta a toda persoa interesada e de balde, no marco do Proxecto Agra: un barrio de coidados que Arquitectura Sen Fronteiras está a desenvolver en consorcio co Mestrado de Política Social e Intervención Sociocomunitaria da UDC, e que conta coa participación activa do IES Agra I, o CEIP Raquel Camacho e varias entidades sociais e culturais do barrio Agra do Orzán: un barrio vital, diverso e moi densamente poboado da Coruña.

Programa

Programa en pdf

Sesión 1: Xoves 2 novembro. 16 -18 hrs. Centro Sociocultural ÁGORA. Aula 9
Aproximación ao contexto do Agra do Orzán, un barrio de coidados?

Participan:

  • “O porqué e para que de AGRA: un barrio de coidados“
    Marta Casal. Técnica educación de ASF Galicia.
  • “Agra do Orzán. Vivir na densidade, urbanismo e convivencia”
    Fiz Seixo. Colectivo 1aun.
  • “Necesidades, virtudes e loitas dun barrio desde a mirada da asociación veciñal”
    María Gutierrez. Presidenta Asoc Veciñal Agra do Orzán
  • “Un barrio e unha veciñanza diversa”
    Ana Louzán. Técnica da Asociación Viraventos.
Sesión 2. Martes 7 novembro. 16-18 hrs. Formato online
"Pensamento e movemento ecofeminista para a sostenibilidade da vida

Participa:

  • Yayo Herrero. Antropóloga, inxenieira, profesora e activista ecofeminista. É unha das investigadoras máis influintes no ámbito ecofeminista e ecosocialista a nivel europeo. Socia de Garúa Sociedad Cooperativa e docente en diversas universidades españolas. Portavoz do Foro de Transiciones. É autora o coautora de máis dunha treintena de libros e colabora habitualmente con diversos medios de comunicación. Forma parte de Ecoloxistas en Acción e foi Directora Xeral de FUHEM. Colabora habitualmente con diversos medios de comunicación como CTXT.
Sesión 3. Martes 14 novembro, 16-20 hrs. Edif NORMAL . Sala Cubo
Cidades e barrios de coidados: aplicación do urbanismo feminista ao análise e mellora dos nosos hábitats

Participa:

  • Blanca Valdivia. Socióloga urbana (UCM) e Doutora en Xestión e Valoración Urbana (UPC) Tese doutoral “A cidade coidadora. Calidade de vida urbana desde unha perspectiva feminista”. Desde 2008 ata 2015 traballou como investigadora na UPC, desenvolvendo proxectos sobre inmigración, espazo público e vivenda, e sobre políticas de vivenda. Os seus principais temas de traballo están vinculados con como aterran os coidados, a saúde e o ecofeminismo no territorio e a planificación territorial desde unha perspectiva feminista.

Inscricións

Se precisa inscrición. Poden ser sesións independentes:

Formulario inscrición

O curso é de balde para o público ao estar subvencionado pola DXREUE da Xunta de Galicia e a Cooperación Galega.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.