Estrea do documental “Soñarlo en Grande”

O próximo venres 9 de febreiro as 11:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación de Universidade da Coruña, estrearase o documental Soñarlo en Grande, realizado por Agareso sobre un proxecto de educación inclusiva desenvolvido por Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala.

A estrea, organizada pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC, contará coa presenza de:

  • Lara Medín López, arquitecta e responsable de Cooperación Internacional de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
  • María Lobo Romero, técnica de proxectos e xornalista en Agareso

Logo da proxección realizarase un coloquio sobre o documental.

O documental pode visualizarse na nosa canle de YouTube.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.