Comeza a construción dunha rede de abastecemento de auga coa limpeza dun pozo existente que servirá a 267 familias da Comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala. O pozo formará parte de toda unha rede de distribución que estamos a construir co financiamento da Generalitat Valenciana e a Xunta de Galicia. Ademais do pozo que encherá un depósito elevado e a rede de distribución ata as vivendas, o proxecto contempla a construción duns módulos que constarán de duchas, unha pila e sistema de drenaxe de augas grises.
Actualmente, as comunidades non dispoñen de auga potable no fogar. Para acceder a ela algunhas familias dispoñen dun pozo artesán, na maioría dos caso que abastece auga non apta para consumo, e outras teñen que acudir a un lavadoiro comunitario no centro do casco urbano, construído como parte das accións de emerxencia de ASF e ASIAPRODI en proxectos anteriores. Esta situación de precariedade no acceso a auga deixa ás familias en situación de vulnerabilidade fronte ás enfermidades de orixe hídrica con alta prevalencia na rexión. Por outra banda, o desprazamento ata este punto e o carrexo de auga, supón un forte investimento de tempo para a comunidade, especialmente para as mulleres.
Espérase con este resultado:
- Que todas as familias poidan acceder a auga potable nos seus fogares
- Mellorar as condicións de saúde e hixiene da poboación
- Reducir o tempo investido para cubrir as necesidades básicas
- Reducir a contaminación ambiental producida polas augas servidas na contorna dos fogares
Deixar unha resposta