Vivenda Saludable, Escuela Saludable e Manual de Mantenimiento de la Escuela del Manchón nuevas publicaciones de ASF Galicia

Vivienda Saludable, Escuela Saludable y Guía El Manchón

Xa se atopan dispoñibles na nosa sección de Publicacións para a súa descarga gratuíta estas dúas novas unidades didácticas e unha guía de mantemento. Todas elas obra de Sabela Girón e Edgar Medina, con ilustracións de Lucía Escrigas e a supervisión do noso grupo de Cooperación Internacional.

Con Vivienda Saludable e Escola Saludable propoñemos un punto de partida para a reflexión acerca da importancia das condicións físicas destes espazos, as cales repercuten directamente na saúde e, como consecuencia, na calidade de vida das persoas. Ditas condicións poden mellorar involucrando á poboación no diálogo e debate, co obxectivo de alcanzar solucións apropiadas adecuadas á situación socioeconómica e cultural. Para iso hanse de tratar aquelas solucións técnicas que melloren as infraestruturas domiciliar e escolar, adaptandoas ás capacidades socioeconómicas da familia e a comunidade, impedindo que a supoñan un risco para a saúde dos seus habitantes. Consecuentemente, tense que profundar na difusión e sensibilización de hábitos de hixiene e mantemento saudables no ámbito domiciliar e escolar, pois a ausencia destes repercute de forma directa na saúde dos integrantes da unidade familiar.

O obxectivo do Manual de Mantenimiento de la Escuela del Manchón é establecer unha serie de medidas mínimas de mantemento e revisión das estancias, así como as infraestruturas, coas que manter e garantir os niveis de seguridade, integridade e salubridade óptimos que garantan o total uso e goce por parte dos usuarios e usuarias deste centro educativo, favorecendo o adecuado desenvolvemento das actividades académicas por parte do equipo docente e o alumnado. Prácticas extrapolables a escolas en ambientes similares.

Vivienda saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador (PDF, 20 Mb)

Escuela saludable: unidad didáctica y guía para el equipo facilitador (PDF, 12 Mb)

Manual de Mantenimiento: guía de mantenimiento básico de la Escuela del Manchón (PDF, 5 Mb)

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Páginas
RECENT COMMENTS
FlICKR GALLERY