Arquitectura Sen Fronteiras ofrece a posibilidade de ter unha experiencia en terreo a estudantes universitarios da UDC, con especial preferencia para as persoas voluntarias da nosa demarcación en Galicia, que teñan interese no mundo da cooperación no eido da habitabilidade básica. Con este propósito publicamos a seguinte convocatoria para incorporar persoas voluntarias a proxectos a executar en GUATEMALA.
Oferta de prazas
Os bolseiros e bolseiras colaborarán directamente coas persoas técnicas da organización trasladadas ao terreo, a contraparte local e as propias persoas beneficiarias, desempeñando tarefas propias do traballo de cooperación ao desenvolvemento.
nome |
país |
zona |
duración |
data inicio |
Proxecto de Coñecemento da Realidade |
Guatemala |
Retalhuleu |
De 1-3 meses |
Agosto/Outubro |
A concesión da convocatoria está condicionada á obtención do financiamento a través da convocatoria de PCR da UDC, que inclúe o billete de avión (ida e volta), o seguro da viaxe (accidentes e enfermidades) e achegas derivadas da manutención. ASF corre cos gastos de aloxamento na zona de intervención (Retalhuleu).
Reunión informativa e resolución de dúbidas
Realizarase unha reunión informativa o martes 14 de febreiro ás 16:00 horas na sede de ASF na Coruña (ETSAC, Campus da Zapateira, planta 2) con opción de conexión telemática onde explicarase con máis detalle as prazas ofertadas e resolveranse dúbidas.
Para poder acudir á reunión é necesario inscribirse no seguiste formulario.
Solicitudes
As solicitudes deberán enviarse ata o día 19 de febreiro de 2023 ás 23:59h ao email gtguatemala.gal@asfes.org.
A documentación requirida para a súa validación será a seguinte.
- CV cos datos mais relevantes para a praza e coas actividades afíns realizadas
- Carta de motivación persoal para a participación na convocatoria. Recoméndase incluír unha breve descrición da proposta de traballo ou investigación académica que se vai realizar durante a estadía
As persoas seleccionadas en base ao curriculum poderán ser convocadas a unha entrevista persoal. A resolución da convocatoria farase pública o 23 de febreiro.
Trala selección, as persoas candidatas seleccionadas deberán, coa axuda co grupo de traballo de Guatemala, elaborar a proposta e documentación para presentarse a convocatoria de PCR da UDC antes de 3 de marzo.
Deixar unha resposta