A Expedición Balmis – Habitando Ep.23

Roteiro Expedición BalmisDende principios do curso a materia Didáctica dás Ciencias Sociais II do Grao en Educación Primaria da Facultade de Educación da UDC   desenvolveu o proxecto O noso espazo, cerna dá expedición dá varíola. Baixo a coordinación dos docentes Begoña Bas López e Roberto García Morís o seu alumnado, futuros mestres e mestras, traballan nesta materia de carácter anual todo o relativo á ensino aprendizaxe das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, no ensino primario.

A Expedición Balmis, que partiu en 1803 do porto da Coruña para achegar a vacina da varíola a América, resultou unha temática que permitiu traballar dúas coordenadas básicas nas Ciencias Sociais: o tempo e o espazo. Ademais, permitiu incorporar os problemas sociais relevantes no ensino da Historia e visibilizar o papel das mulleres e os nenos e nenas, así como traballar a contorna urbana próxima. É dicir, unha temática que incorporou múltiples miradas e permitiu exemplificar os actuais enfoques da Didáctica das Ciencias Sociais.

Tras todo o curso traballando, a última actividade consistiu nun roteiro pola cidade no que o alumnado do Grao en Educación Primaria guiou a grupos de estudantes de secundaria do I.E.S Menéndez Pidal da Coruña. Para rematar, os nenos e nenas do grupo de teatro do CEIP Labarta Pose de Baio, dirixido por Sinda Cundíns, puxeron un colofón maravilloso representando o seu musical sobre a Expedición Balmis no Paraninfo do Reitorado da UDC.

Neste episodio contamos coas voces de todos e todas as protagonistas: profesorado, alumnado, menos e nenas. Como xurdiu o proxecto, como se desenvolveu e o resultado final. Os problemas habidos e as aprendizaxes obtidas. Moitas grazas a todos e todas elas.

Ligazóns de interese:

Grupo de Teatro do CEIP Labarta Pose de Baio

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Next Post »

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.