Asistencia Técnica para a realización dunha liña de base e avaliación externa do proxecto de educación 2019-2020

EpD
Obxectivo da convocatoria

A presente convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa ou equipo consultor para a elaboración dunha Liña de Base e a Avaliación Externa do Proxecto “Investigación – Acción – Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia Fase I” –co acrónimo DH2019-20- promovido pola ONGD Arquitectura Sen Fronteiras e co cofinanciamento da Subdirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia.

A liña de base servirá para recoller a situación inicial sobre o coñecemento do dereito ao hábitat e as súas dimensións dos colectivos e axentes multiplicadores que participan no proxecto.

Tarefas a realizar

De xeito resumido, as tarefas a realizar agrúpanse nas seguintes fases:

Liña de base:

  • Fase 1: Planificación da liña de base. Definición e deseño
  • Fase 2: Elaboración da liña base
  • Fase 3: Redacción do informe de síntese final
  • Fase 4: Presentación de informe final e resultados.

Avaliación:

  • Fase 1: Elaboración da planificación da avaliación. Definición e deseño
  • Fase 2: Execución e recompilación da información necesaria
  • Fase 3: Redacción do informe de síntese final
  • Fase 4: Difusión e presentación de resultados.
Remuneración

A elaboración da avaliación será obxecto dunha retribución bruta de 4000,00 Euros (IVE incluído). Distribuirase do seguinte xeito trala emisión das facturas correspondentes e sempre dentro do período de realización do proxecto.

Os pagos fraccionaranse do seguinte xeito:

  • 25% (1000€) ao inicio da fase II da liña base
  • 25% (1000€) ao final da fase IV da liña base
  • 25% (1000€) ao inicio da fase II da avaliación
  • 25% (1000€) ao final da fase IV da avaliación
Candidaturas

As persoas ou equipos interesados deberán enviar a súa candidatura á dirección gteducación.gal@asfes.org ata o día 20 de outubro de 2019 incluido, especificando:

  • Solicitude firmada á que se postula (segundo anexo I)
  • Esquema inicial das propostas de liña de base e avaliación máx A4 (segundo anexos II e III nos Termos de Referencia)
  • Datos de contacto
  • Curriculum Vitae acreditando los méritos e coñecementos necesarios relacionados coa avaliación de proxectos
Máis información

Termos de Referencia completos

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.