Estas últimas semanas foron intensas na formación para o voluntariado e o persoal técnico da nosa demarcación. Estamos de sorte porque sempre gústanos aprender cousas novas.
Por un lado celebramos a primeira edición do curso presencial TransFormando, un espazo de formación transdisciplinar sobre metodoloxías participativas vinculadas á transformación do noso entorno especialmente enfocadas en traballar coa mocidade en procesos educativos.
Ao longo de dúas semanas un grupo de aproximadamente vintecinco alumnos e alumnas disfrutamos da experiencia e coñecemento das poñentes Lucila de Altekio (Madrid); Ana, África e Marta de Taller Abierto (Pontevedra) e Andrés de Raóns Públiques (Barcelona). Os módulos desenvolvéronse nas aulas do IES Ramón Menéndez Pidal onde estamos desenvolvendo o proxecto de Educación e constaron de parte teórica e práctica. Celebrar esta formación no propio centro escolar foi de gran utilidade para poder coñecer de primeira man a realidade á que se enfrota a mocidade e o profesorado, e poder realizar as sucesivas prácticas nun exemplo concreto.
Outro aspecto interesante desta formación foi a diversidade de persoas que participaron, achegadas dende moitas disciplinas, pero co interse común de coñecer un pouco mais sobre este tipo de metodoloxías. Unha oportunidade para tecer redes e compartir experiencias xa que, ademais, na última xornada compartimos o instituto coa plataforma Proxecto Cárcere e o seu encontro Vis a Vis sobre Centros sociais autoxestionados.
Ilustración de Inés Cruz Varela
Por outro lado, esta semana celebramos o segundo obradoiro sobre mellora da xestión emocional e resolución de conflitos que iniciamos o pasado mes de setembro da man das nosas facilitadoras Mariola e Inés.
Propuxéronnos unha viaxe á Illa das Emocións, (ao Caribe!), e durante toda unha tarde estivemos reflexionando e aprendendo ferramentas para traballar coas emocións, cousa que non temos tan presente. Consideramos importante fomentar este tipo de espazos de calidade, alonxados do traballo diario da organización, para poder establecer lazos cos nosos compañeiros e compañeiras e aprender sobre o coidado dos grupos. Ao final, é unha parte fundamental da nosa experiencia como persoas voluntarias.
Dende aquí, queremos agradecer a todas as persoas que compartíchedes con nós un pouquiño do voso tempo e sabedoría. Agardamos coincidir noutro momento!!
Deixar unha resposta