Preparadas, listas…alá imos!

PCR 2023

Somos María e Cecilia, arquitectas voluntarias de ASF no proxecto internacional coa comunidade Mam en Guatemala. Distintos camiños, que a continuación detallaremos, leváronnos a coñecernos aquí en terreo e compartir esta experiencia:

Cecilia: No meu caso particular, recibín unha bolsa PCR da Universidade da Coruña vinculada directamente aos obxectivos e resultados deste proxecto, aportando o valor engadido dunha investigación teórica -Traballo Fin de Máster- que consiste en indagar sobre a calidade do hábitat a través da realidade próxima da cidadanía traballando as diferentes escalas, reflexionando se realmente é digno e facendo achegas de mellora.

María: Eu doutra banda son voluntaria, acabo de terminar a carreira de arquitectura na UPM e vin durante un mes para colaborar nos proxectos que se están levando a cabo aquí en Guatemala. Levo moito tempo interesada en coñecer máis e formarme no mundo da cooperación internacional e creo que o voluntariado en terreo é un gran paso para iso. Estou súper ilusionada con esta experiencia!!

Ámbalas dúas quedamos abraiadas co primeiro contacto con Guatemala dende as xanelas do avión. Nada máis coñecernos non puidemos resistirnos a contarnos as nosas primeiras impresións de Guatemala:

Cecilia: Primeira impresión, impresionante! Finalizando a longa viaxe, que nunca mellor dito pasóuseme voando, adentrándome na cultura centroamericana platicando con algunha das súas pasaxeiras, de súpeto, asomándome á xanela puiden contemplar, por primeira vez, a paisaxe exuberante da Cidade de Guatemala e os seus arredores resgardada por un dos seus grandes volcáns como protagonista.

Xa en terra, aínda que o paso pola capital foi do aeroporto ao hotel, tiven a oportunidade de sentir o contraste da modernidade, reflectida na súa arquitectura e planificación urbana, coa tradición mesmamente da vestimenta das mulleres xunto con algunha outra costume dos seus habitantes nun ollar. Todo isto entre o caos normalizado de hora punta mentres nos adiantaban motos de tres persoas.

María: No avión despertei no momento exacto! Abrín os ollos e quedeime marabillada coa imaxe dun lago aos pés dun impresionante volcán, pareceu que seguía soñando.

Despois, a medida que nos iamos aproximando á cidade, sorpréndeume moito a configuración ordeada e orgánica dos suburbios, que en comparación con outras cidades que coñecín de latinoamérica, distan destas características.

Aconselláronnos non estar moito tempo na capital por temas de seguridade e polos seus poucos atractivos turísticos, polo que apenas durmimos preto do aeroporto e á mañá seguinte partimos cara a Antigua.

Xa en Antigua, paseamos polas súas rúas visitando exposicións, edificios coloniais e mercados de artesanía local. Resulta unha cidade moi agradable e a súa contorna entre volcáns é inigualable. Aproveitando que estabamos alí, non puidemos resistirnos a subir ao volcán Acatenango. Unha experiencia única.

Imaxe: Vista da rúas de Antigua co Arco de Santa Catalina ao fondo
Imaxe: Erupción no volcán de Fuego

Finalmente, viñéronnos a buscar a Antigua Juventina e Damián (contraparte local) e agora si, listas e preparadas alá imos a coñecer aos demais integrantes da comunidade Mam Cajolá.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.