Despedimos esta segunda tempada de Habitando cun episodio dedicado ao voluntariado en terreo. Dende hai anos a Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado, e tamén a Universidade De Santiago de Compostela, ofrecen bolsas ao seu estudantado para realizar unha estancia en terreo de dous-tres meses. Unha magnífica oportunidade de coñecer o que é a cooperación internacional de primeira man.
Para falar de todo iso acompáñanos Lorena da OCV, quen nos explica en detalle que é o PCR e os requisitos necesarios para optar a unha das bolsas. E a continuación entrevistamos a Elena, Rebeca e Carmen, tres futuras PCR que se desprazarán en poucos meses a Guatemala e Bolivia.
Ligazóns de interese:
- Criterios de diseño de viviendas mínimas en Guatemala
- O Enfoque do Dereito ao Hábitat na Educación Formal de Galicia
- Invitadas nas Ondas do Cárcere, o programa de radio de Proxecto Cárcere
Ep.18 PCR - Voluntariado en Terreo: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- A longa marcha, Grampoder, álbum Golf Whiskey
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Deixar unha resposta