Comeza a construción dunha rede de abastecemento de auga coa limpeza dun pozo existente que servirá a 267 familias da Comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala. O pozo formará parte de toda unha rede de distribución que estamos a construir co financiamento da Generalitat Valenciana e a Xunta de Galicia….
Publicación “Un IES de Moito Coidado”
Desde ASF desenvolvimos un proceso de indagación, con diversos axentes que forman parte de comunidades educativas en Galicia, tendo como foco as seguinte a pregunta: Como facer uns hábitats educativos que proporcionen vidas boas a todo o mundo, experiencias que mereza a pena ser vividas? Este material é froito da observación, da escoita, da facilitación…
Estrea do documental “Soñarlo en Grande”
O próximo venres 9 de febreiro as 11:00 horas na Facultade de Ciencias da Educación de Universidade da Coruña, estrearase o documental Soñarlo en Grande, realizado por Agareso sobre un proxecto de educación inclusiva desenvolvido por Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala. A estrea, organizada pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC, contará coa presenza…
Mesa redonda estratexias para a Habitabilidade Básica
Organizada pola Fundación Vicente Ferrer e Enxeñería Sen Fronteiras, o vindeiro xoves 8 de febreiro participaremos na mesa redonda Estratexias para a Habitabilidade Básica: cooperación para o desenvolvemento en hábitat, auga e saneamento. Moderador: Plácido Lizancos, profesor da Escola de Arquitectura da UDC Participantes: Lara Medín López, Técnica de Arquitectura Sen Fronteras Galicia Sergio Fernández…
Devagar, decembro 2023
É difícil abstraerse da idea dun ano que remata e non reflexionar sobre o acontecido durante os pasados doce meses. 2023 marcha deixándonos un peor escenario climático, grandes desigualdades e situacións que estremecen ao longo da xeografía. 2024 chega para que poidamos seguir traballando arreo e pensamos que a lectura e a información son claves…
Tecnoloxías para o Ben Común nas Universidades Galegas – Habitando Ep.44
Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das…
Atención á Diversidade na UDC – Habitando Ep.43
Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas. Sonia traballa dende 2009 na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en…
Devagar, Novembro 2023
Mañá comeza decembro. Temos días festivos por diante no que ademais de xuntanzas, reencontros e troula, quizais busquemos espazos para descansar, ler e apartarmos do algareo destas datas. Gustaríanos tamén acompañar a quen sinta unha soidade non buscada. Quizais veña ben abrir unha carta de novas na caixa do correo. Se cadra Devagar chega cando…
Activos de Saúde por Farmamundi – Habitando Ep.42
Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a…
Curso Dereito ao Hábitat: ecofeminismo, urbanismo e barrios de coidados
Formación aberta a toda persoa interesada e de balde, no marco do Proxecto Agra: un barrio de coidados que Arquitectura Sen Fronteiras está a desenvolver en consorcio co Mestrado de Política Social e Intervención Sociocomunitaria da UDC, e que conta coa participación activa do IES Agra I, o CEIP Raquel Camacho e varias entidades sociais…